Diferenzas entre revisións de «Glicosaminoglicano»

corrixo "soen" por "adoitan" ou "acostuman"
(corrixo "soen" por "adoitan" ou "acostuman")
Os '''glicosaminoglicanos''' (GAG), antes chamados '''mucopolisacáridos''', son un tipo de heteropolisacáridos formados por cadeas longas e non ramificadas de azucres compostas xeralmente por unha unidade repetitiva de [[disacárido]] coa fórmula xeral ([[azucre ácido]] - [[aminoazucre]])<sub>n</sub>. Constitúen a fracción glicídica dos [[proteoglicano]]s, un tipo de [[biomolécula]]s formadas por proteínas e polisacáridos de función estrutural presentes fundamentalmente no [[tecido conectivo]], [[tecido epitelial|epitelial]] e [[tecido óseo|óseo]], e no [[medio intercelular]].
 
O aminoazucre dos glicosaminoglicanos pode ser D-[[glicosamina]] ou D-[[galactosamina]], e nel o grupo amino está normalmente acetilado coa fin de eliminar a súa carga eléctrica positiva, pero tamén pode levar un grupo [[sulfato]] no [[carbono]] 4 ou 6 ou nun nitróxeno non acetilado. Os máis habituais son a [[N-acetilglicosamina]] ou a [[N-acetilgalactosamina]]. O azucre ácido do glicosaminoglicano pode ser un ácido D-[[ácido glicurónico|glicurónico]] ou ben L-[[ácido idurónico|idurónico]], agás no [[queratán sulfato]], no que o normal é que haxa unha [[galactosa]]. Cada monosacárido está unido ao seguinte por un [[enlace glicosídico]] de diversos tipos segundo o glicosaminoglicano de que se trate (enlaces alfa ou beta, enlaces 1-3 ou 1-4, etc.). Este tipo de conformación confire resistencia á estrutura. SoenAdoitan ter uns 300 residuos de azucre, que colgan das proteínas ás que están unidos, menos o ácido hialurónico, que ten varios miles <ref>{{cita libro| autor =Champe, PC; Harvey, RA y Ferrier, DR: | título =Biochemistry | ano =2004 | editor = Lippincott Williams & Wilkins| id =ISBN 0-7817-2265-9}}</ref>.
A presenza dos grupos sulfato e [[carboxilo]] destes azucres dálles aos glicosaminoglicanos unha intensa carga negativa, que atrae catións e proteínas da matriz e fainos moi hidrófilos, polo que tenden a formar xeles na [[matriz extracelular]]. Esta intensa hidratación dálle á matriz resistencia á compresión. Como estes xeles son moi porosos, permiten a rápida difusión de moléculas hidrosolubles, a [[migración celular|migración de células]] e o desenvolvemento dos procesos celulares. A rixidez das cadeas de glicosaminoglicanos fai que non se enrolen globularmente, senón que adoptan conformacións moi extendidas enroladas ao chou, que ocupan un grande volume, enchendo a matriz extracelular.