Uceira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Shyde (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-Suráfrica +Sudáfrica)
corrixo "soen" por "adoitan" ou "acostuman"
Liña 11:
As especies das uceiras adoitan ser capaces de sobrevivir a perturbacións severas, coma o lume ou a [[roza]], xa que regroman a partir de [[gomo]]s situados en órganos subterráneos. O feito de soportar o lume dálles unha enorme vantaxe sobre outro tipo de vexetación que ten que florear e xermolar. Naturalmente sucumben se os lumes son moi reiterativos, entre outros factores, polo empobrecemento do solo.
 
As condicións climáticas das uceiras soenacostuman ser húmidas e cálidas, algo secas polo verán; co solo acedo, de baixa fertilidade, e normalmente areento. Cando a drenaxe é moi baixa poden aparecer as [[turbeira]]s, pero que soenadoitan ser pequenas. Os arbustos das uceiras van dos 0.2–2 m de alto.
 
A vexetación da uceira pode ser moi rica (as uceiras de Australia máis, con até 3.700 especies endémicase, e os [[fynbos]] de Sudáfrica até 7,000 especies, biodiversidade só superada nas zonas tropicais).<ref>''Montane fynbos and renosterveld''</ref> mais as uceiras europeas acostuuman ser pobres en especies cunha flora basicamente representada por [[queiroa]]s (especies de ''[[Calluna]]''), [[Erica|uces]] (especies de ''[[Erica]]'') e [[Ulex|toxos]] (especies de ''[[Ulex]]''). Ademais acompáñanse doutros arbustos que poden ter boa representación como algunhas ''[[Cistus]] ssp''), como a [[esteva]] (''[[Cistus ladanifer]]'') ou a [[carpaza macho]] (''[[Cistus populifolius]]''), ou as [[carqueixa]]s.
Liña 20:
En zonas mediterráneas (sur de Portugal e costa mediterránea) aparece tamén o [[érbedo]], o [[Aderno de folla estreita|aderno]], ''[[Halimium ocymoides]]'' ou ''[[Polygala microphylla]]'', entre outras.
 
SoenAdoitan ser o resultado dunha degradación importante de formacións de [[sobreira]]s e [[aciñeira]]s principalmente.
 
No suroeste da [[Península Ibérica]] poden distinguirse dous tipos de uceira: as altas e as baixas. Nas uceiras altas a especie dominante é a [[uz moura]] (''[[Erica australis]]''), ás veces acompañado de [[uz branca]] (''[[Erica arborea]]''), [[carpaza macho]] (''[[Cistus populifolius]]''), [[xesta molar]] (''[[Cytisus striatus]]''), ''[[Genista triacanthos]]'', [[queiroa]] (''[[Calluna vulgaris]]'') ou [[carqueixa]] (''[[Pterospartum tridentatum]]''). As baixas, que ocupan en moitos casos posicións circundantes ás altas, están dominados pola presenza dunha uz de escaso porte: a [[carroucha de umbela]] (''[[Erica umbellata]]'') que na maioría dos casos acompáñase de ''[[Halimium ocymoides]]'', e con frecuencia tamén da carqueixa (''[[Pterospartum tridentatum]]''). Estas nanouceiras atópanse fundamentalmente en solos moi degradados.