Intoxicación por cogomelos velenosos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
corrixo "soen" por "adoitan" ou "acostuman"
Liña 6:
A intoxicación por cogomelos é un fenómeno estacional, máis frecuente en determinados períodos ou condicións climáticas que favorecen o seu crecemento e posterior recolección e consumo. En certos territorios ([[Cataluña]], [[País Vasco|País Vasco]]), danse as intoxicacións máis frecuentes. En Cataluña calcúlase que hai entre cinco e dez intoxicacións por millón de habitantes e ano (Piqueras Carrasco, 1996).
 
En Galiza os cogomelos velenosos soenadoitan chamarse ''cacaforras''<ref>X. L. Franco Grande (1972): ''Diccionario galego-castelán'', 2ª ed., Galaxia, Vigo</ref>, coñécense así diferentes especies do xénero ''[[Amanita]]''. Os fungos velenosos comportan ademais nomes comúns facendo referencia á súa perigosidade: [[pan da morte]] ou pan do demo (''[[Amanita phalloides]]'').
 
Os cogomelos velenosos máis comúns en Galiza son, ademais da ''Amanita phalloides'', a ''[[Amanita verna]]'', a ''[[Amanita virosa]]'', tres tipos de lepiotas pequenas, un ou dous tipos de ''[[Cortunarius]]'' e unha ''[[Galerina]]''. O ''[[Cortinarius orellanus]]'', por exemplo, ten un período de latencia de quince días, de xeito que é difícil coñecer a causa da doenza. O consumo dun exemplar de cacaforra da morte (''Amanita phalloides'') é de abondo para ter que facer un transplante de fígado<ref>http://www.laopinioncoruna.es/sociedad/2010/11/07/reinas-monte-gallego/436443.html</ref>.
Liña 72:
Os síntomas van dende molestias gástricas, vertixe, alteracións motoras, incoordinación de movementos (como se estivese borracho), cambras musculares. Pero o máis rechamante son as alteracións mentais: euforia, sensación de embriaguez, dificultades na fala, cambios de conduta, accesos de furia etc. Ás veces, depresión, desorientación, confusión, alteracións visuais. Despois o suxeito remata durmido durante horas.
 
As alteracións non soenacostuman durar máis dun día pero con doses altas pódense producir colapsos, coma e ata a morte. O tratamento consiste, á parte da eliminación de posibles restos do corgomelo no aparato dixestivo, no control neurovexetativo, no que pode ser útil a clorpromazina. Diazepam e barbitúricos débense evitar xa que poden aumentar o efecto do muscimol.
 
== Consumo ilegal de fungos alucinóxenos ==
O poder embriagador, alucinóxeno e estimulante da ''Amanita muscaria'' sábese que foi usado por pobos da [[URSS]] polos relatos dos viaxeiros dos últimos séculos. Contaban, entre outras cousas, que tras inxerila crían escoitar voces, tiñan visións coloreadas, falaban moito, bailaban e logo durmían. Quizais nalgunha época tamén se ten usado con fins de bruxería.
 
Ultimamente, co afán de probar drogas, hai quen busca o cogomelo ''Amanita muscaria''. As intoxicacións con predominio alucinóxeno non soenadoitan ser accidentais e débense ao consumo voluntario de fungos alucinóxenos.
 
Hoxe en día o consumo de cogomelos alucinóxenos estase a estender por diversos países creando distintos problemas. En [[Estados Unidos de América|EUA]], empezou a poñerse de moda en certos ambientes xuvenís a partir dos anos 70 e o emprego do que eles chaman “Recreational Drugs” e vaise estimulado por publicacións sobre o seu cultivo doméstico.