Teofilacto Simocatta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
asdf
Liña 1:
{{Outroshomónimos|Teofilacto}}
'''Theophylaktos Simokatés''' (ou ''Simocatta'', ''Simocates'', latinizado como ''Theophylactus Simocatta'') foi un historiador bizantino de principios do [[século VII]]. O alcume de ''simokattés'' (''fociño de gato'') atribúese xeralmente á súa aparencia física.
==Traxectoria==
Teofilacto, a quen podemos considerar o derradeiro historiador do mundo antigo, era orixinario da [[provincia romana]] de [[Exipto bizantino|Exipto]]. Xunto a obras menores, no reinado do emperador Heraclio compuxo unha obra historiográfica chamada ''Historias''. Teofilacto, que se cadra exerceu as altas funcións de [[Prefecto urbano]] de [[Constantinopla]], inscribiuse na serie dos historiadores do [[século VI]] ([[Procopio de Cesarea]], [[Agatías de Mírina]], [[Menandro o Protector]]) e relatou o reinado do emperador de Oriente [[Mauricio, emperador|emperador]] (582–602), en particular das guerras que este último levou contra os persas [[sasánidas]] e os [[eslavos]]. A obra, como di claramente o seu prefacio, foi composta so o reinado de [[Heraclio]] ([[610]]-[[641]]), e o seu contido permite pensar que estaba totalmente rematada sobre 630: a derradeira guerra do Imperio de Oriente so [[Heraclio]] contra os persas (602–628) está aparentemente rematada, mentres que a [[expansión dos árabes|conquista árabe]] (que comeza en [[634]]) aínda non empezara, ou polo menos non se fai alusión ningunha a ela<ref>En V, 15, atribúeselles unha predición aos astrólogos caldeos da corte do rei [[Cosroes II]], segundo a cal había haber unha guerra entre os persas e os romanos, os primeiros prevalecerían durante vinte e un anos, os segundos triunfarían despois durante sete anos e logo «o día sen crepúsculo levantaríase, poñendo fin ao mundo das cousas corruptíbeis. Como [[Heraclio]] vencera aos persas [[628]], despois dunha vintena de anos de graves reveses para os romanos, semella que esta predición fose inventada xusto despois, por xente que agardaba a fin do mundo en [[635]].</ref>.