Juan de Mariana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo
Liña 40:
Xoán de Mariana foi un historiador obsesionado coa verdade e que apurou a crítica dos cronicóns anteriores até onde era posíbel no seu tempo. Aínda que escribe no latín moderno internacional da época, a raíz do seu pensamento é ''patriótica'', pois pretende expoñer a grandeza do seu país narrando conxuntamente os feitos de todos os reinos hispánicos, pero en torno á súa nación, [[Castela - Castilla|Castela]].
 
A obra estableceu o modelo de prosa historiográfica (''española'') para os séculos seguintes, subraiando vigorosamente todo o que pode cautivarcativar e atraer a atención do lector; coida especialmente as descricións dos lugares onde acaecen os feitos e o patetismo nas arengas e epístolas, así como as consideracións sobre as veleidades da fortuna, tomando por modelos a [[Tito Livio]], [[Publio Cornelio Tácito|Tácito]] e [[Tucídides]]. En España foi unha obra moitas veces reimpresa e durante cerca de dous séculos foi a obra histórica máis lida na Península. No resto de Europa a obra foi lida sobre todo en [[Alemaña]] e bastante menos noutros países. Foi traducida ao inglés en 1699 por [[John Stevens]].
 
Ademais das obras mencionadas, da súa correspondencia e das súas notas á edición das obras de san [[Isidoro de Sevilla|Isidoro]] e dos seus informes como consultor do [[Santo Oficio]], consérvanse dez tomos de manuscritos. Nas súas ''Scholia in Vetus ac Novum Testamentum'' (Antuerpen e París, 1620) están as súas versificacións en dísticos latinos de varios libros sagrados: ''[[Proverbios]]'', ''[[Eclesiastés]]'' e ''[[Cantar dos cantares]]''.