Carl Gustav Jung: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
m recat.
Liña 8:
 
==Traxectoria==
Carl Gustav Jung naceu no seo dunha familia de ascendencia alemá e de tradición eclesiástica (o seu pai era [[pastor]] [[Luteranismo|luterano]]). De neno foi introvertido e moi solitario. Aínda que a relación cos seus proxenitores era moi próxima e afectuosa, dende cedo sentiría certa decepción polo xeito en que o seu pai abordaba o tema da fe, á que consideraba tristemente precaria. Durante a súa adolescencia e mocidade foi un lector entusiasta, especialmente cautivadocativado pola obra literaria de [[Johann Wolfgang von Goethe|Goethe]]. Tamén era profundo o seu interese polos ensaios de filósofos como [[Eduard von Hartmann|von Hartmann]] e [[Friedrich Nietzsche|Nietzsche]]. Na súa [[autobiografía]], describe o achegamento á obra deste último, ''[[Also sprach Zarathustra]]'' (''Así falou Zaratustra''), como unha experiencia conmocionante, só comparable á inspirada polo [[Fausto]] de Goethe.
 
Jung anhelaba estudar [[arqueoloxía]] na universidade, pero a súa familia carecía de recursos para envialo máis lonxe de [[Basilea]], onde non proporcionaban esa carreira, polo que (contra os desexos da súa contorna) decidiu estudar [[medicina]] na [[Universidade de Basilea]], entre [[1894]] e [[1900]].