Diáspora xudía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
creo a partir da ca.wiki
 
corrixo
Liña 1:
A '''[[diáspora]] xudía''' (en [[Lingua hebrea|hebreo]] '''''Galut''''' גלות; en [[Lingua yiddish|yiddish]] ''Golus'') refírese á dispersión dos [[xudeus]] arredor do mundo. Orixinalmente utilizouse para referirse ao exilio dos xudeus do [[Reino de Xudá]] en [[Babilonia]] no [[-586]], e despois polo exilio provocado pola destrución de [[Xerusalén]] a mans dos [[Imperio Romano|romanos]] no ano [[135]]. Porén, o termo tamén se aplicaba para falar dos movementos históricos da poboación xudía dispersa e o seu desenvolvemento cultural nas nacións onde se estableceu. Neste sentido, a fin da diáspora está representada pola creación do estado de [[Israel]] en [[1948]].
 
Ademais de representar historicamente o exilio do pobo, a diáspora está relacionada coa relixión xudía. Primeiramente vese como un castigo de [[Deus]] polos [[pecado]]s de [[idolatría]] cometidos antes da cautividade babilónica. Tamén, a [[Tanakh]] contén numerosas [[profecía]]s sobre o retorno do pobo á ''Terra Prometida'' dos "confíns da Terra". De acordo con algunhas profecías da Tanakh, o retorno anuncia a chegada do [[mesías]]. O termo diáspora, nun senso menos estrictoestrito, tamén se emprega para falar da dispersión de calquera grupo relixioso ou étnico fóra do seu lugar de orixe, como no caso da [[historia do pobo xitano]].
 
== Véxase tamén ==