Abrir o menú principal

Cambios

m
A súa interpretación recibiu as alabanzas dos críticos. «''Aínda que non é precisamente unha recentemente chegada ao mundo da interpretación, Audrey Hepburn, a actriz británica que se mete na pel da princesa Anne, está espléndida, bellísima, alternando as súas escenas da realeza e as máis infantís durante a súa procura de praceres básicos e do amor. Aínda que sorrí ao final da película, ela segue sendo unha persoa lamentablemente soa que fai fronte a un futuro difícil''».<ref>A.H. Weiler, ''[[New York Times]]'', [[28 de agosto]] de 1953.</ref> Audrey referiuse no futuro a ''Roman Holiday'' como a súa película máis querida, xa que foi a que a fixo unha estrela.
 
Logo dos catro meses de rodaxe de ''Roman Holiday'' viaxou a [[Nova York]] para seguir coas funcións de ''Gigi''. Antes de incorporarse ao rodaxe de ''Roman Holiday'', Audrey estivo actuando co musical ennos [[Os Ánxeles|Ánxeles]] e [[San Francisco]]. Isto foi posible xa que tiña un contrato coa [[Paramount Pictures |Paramount]] que lle permitía ter doce meses entre película e película para dedicarse ao teatro.
 
Durante os anos seguintes, Audrey converteríase nunha das actrices máis recoñecidas pola súa inigualable beleza natural, icona da sencillez na elegancia feminina e transparencia de personalidade. Foi considerada entre as máis queridas e populares da meca do cine e gozou da amizade de case todos os seus compañeiros de rodaxe.
 
Audrey co seu glamour e a súa beleza, demostrounos en ''Roman Holiday'' (''Vacacións en Roma'') que tamén valía como actriz e co seu "I wanna say thank you to..." recibiu o [[Oscar á mellor actriz|Premio Oscar á mellor actriz]], o único que recibiría en toda a súa carreira.
 
=== Estrela de Hollywood ===
 
101.294

edicións