Friedrich Hölderlin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
corrixo
Liña 13:
En [[1793]] foi presentado a [[Friedrich Schiller]], que publicou algúns dos seus poemas. Traballou como preceptor en [[Waltershausen]]. Un punto de inflexión na súa vida aconteceu cando foi nomeado preceptor na casa dun riquísimo banqueiro de [[Frankfurt]], [[Jakob Gontard]]. Hölderlin viviu unha historia de amor coa muller do seu patrón, Suzette Gontard, a quen denominaba ''Diotima'' nos seus poemas. A súa felicidade foi de curta dura, ao ser sabedor o home da relación. Porén, continuaríanse a escribir e a verse en segredo. Encontráronse por última vez en [[1800]]. As cartas de Suzette ao poeta dan abondo información sobre a súa historia de amor.
 
Cansado dos sensabores amorosos, Hölderlin deixou Frankfurt no ano [[1798]]. Comezou entón un período de intensa creatividade, con ascoas súas grandes elexías e o segundo volume de '''[[Hiperión]]''. Escribiu tamén textos filosóficos e unha traxedia, "''Der Tod des Empedokles''" (A morte de Empédocles), que quedou inconclusa. No final do seu grande himno 'Patmos', o poeta manifesta que a función principal do poeta é ''o cultivo da palabra e a interpretación da realidade''. Pouco antes da súa viaxe a Francia, declarou: "''Agora podo reencontrar unha una nova verdade, unha mellor visión en gran parte sobre nos mesmos e sobre o noso entorno, pensando que teño medo destas cousas que poden eventualmente asociarse en min como o vello [[Tántalo (mitoloxía)|Tántalo]], que recibira dos deuses máis do que lle fora posíbel dixerir.''" Logo dun breve traballo como preceptor en [[Bordeos]], Hölderlin volveu a [[Alemaña]] en [[1802]].
 
Por desgraza, esta viaxe agravou o seu estado de [[esquizofrenia]]. De retorno a [[Nürtingen]] soubo da morte de Suzette. En [[1805]] a súa saúde mental degradouse totalmente. Durante certos períodos, cando atinxía bastante lucidez para escribir, traducía as traxedias de [[Sófocles]].