Caronte (mitoloxía): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
KLBot2 (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 48 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q6612
corrixo
Liña 6:
Aínda que con frecuencia se di que transitaba polo río [[Estigia]], como suxire [[Virxilio]] na súa ''[[Eneida]]'' (libro VI, 369), segundo a maioría das fontes incluíndo a [[Pausanias (xeógrafo)|Pausanias]] (x.28) e máis tarde [[Dante Alighieri|Dante]] (''Inferno'') o río que realmente transitaba Caronte era o Aqueronte.
 
Caronte era o fillo de [[Érebo]] e [[Nicte|Nix]]. Represéntase como un ancián fraco e berrón de roupaxes escuras e con anteface (ou, en ocasións, como un [[demo (mitoloxía)|demo]] alado cun martelo dobre) que elexíaelixía aos seus pasaxeiros entre a xente que se amontoaba na orela do Aqueronte, entre aqueles que merecían un enterro adecuado e podían pagar a viaxe (entre un e tres óbolos). N´''[[As ras]]'', [[Aristófanes]] mostra a Caronte esputando insultos sobre a xente obesa.
 
Era moi raro que Caronte deixara pasar a un mortal aínda vivo. [[Heracles]], cando descendeu aos Infernos sen ter morto, non chegaría a pasar de non empregar toda a súa forza para obrigalo a cruzar o río, tanto á ida como á volta. Caronte foi encarcerado un ano por deixar pasar a Heracles sen obterlle o pago habitual esixido aos vivos: unha [[A rama dourada|rama de ouro]] que proporcionaba a [[sibila de Cumas]]. Virxilio narra na ''Eneida'' (libro VI) o descenso de [[Eneas]] aos Infernos acompañado de dita sacerdotisa.