Gemini 4: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Banjo (conversa | contribucións)
m aparte -> a parte
Liña 48:
 
== Desenvolvemento da misión ==
Gemini 4 foi a segunda misión tripulada do programa Gemini e durante a cal tivo lugar o primeiro [[paseo espacial]] dun [[Estados Unidos de América|estadounidense]]. Os obxectivos da misión, apartea parte de realizar a camiñata espacial, foron demostrar a capacidade das cápsulas Gemini e adquirir experiencia na xestión de voos espaciais de longa duración. Como obxectivos secundarios atopábanse facer manobras de [[cita espacial]], a realización de once [[experimento]]s, avaliar os sistemas da cápsula, demostrar a capacidade para facer diversas manobras e o uso do sistema de manobra orbital como respaldo do sistema de reentrada.<ref name=astronautix/><ref name=NSSDC/>
 
Gemini 4 foi lanzada o [[3 de xuño]] de [[1965]] ás 15:15:59,562 [[UTC]] (10:15:59 [[Zona horaria do leste|EST]]) desde o Complexo 19 de Cabo Cañaveral e insertada nunha órbita inicial de 162,3 km de [[perixeo]] e 282,1 km de [[apoxeo]]. Durante a primeira órbita manobrouse para aumentala a unha de 166 x 290 km e intentar unha cita espacial coa segunda etapa do [[Foguete espacial1foguete]] lanzador. A manobra de cita orbital cancelouse ao principio da segunda órbita tras comprobarse que se usara o 42% do propelente dispoñible, comprometendo o resto de obxectivos da misión. Tras a cancelación tivo lugar o comezo da primeira camiñata espacial levada a cabo por un estadounidense. Ed White presurizou o seu [[traxe espacial]] e despresurizou a cabina ás 14:33:35 EST, abrindo a escotilla da cápsula ás 14:34. O astronauta saiu dous minutos máis tarde levando consigo unha pistola de gas para manobrar no baleiro e atado cun cable de 8 metros de lonxitude. O gas da pistola acabouse en tres minutos, co que White uso o cable e movementos do seu corpo para manobrar arredor da nave. O paseo durou 23 minutos, despois dos cales White volveu á cabina. Tras entrar, os astronautas atoparon dificultades para pechar a escotilla, que só conseguiron pechar ás 15:10 EST tras traballar conxuntamente, represurizando a cabina ás 15:12:50.<ref name=NSSDC/><ref name=astronautix/>