Cangas, Foz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 16:
'''Cangas''' está situada no extremo noroccidental do concello de Foz, nunha zona limitada ao Sur pola parroquia de Cordido deste mesmo concello, ao leste pola parroquia de Nois (concello de Foz), ao Norte polo [[mar Cantábrico]] e ao oeste polo concello de [[Burela]].
 
O territorio parroquial sitúase no val inferior do [[río Moucide]], que cruza a parroquia en sentido norte-sur até a súa desembocadura no [[Mar Cantábrico|Cantábrico]] na zona denominada Riosmar. As maiores altitudes acádanse na zona occidental, no límite con Burela, onde se acadan alturas de até 460 m. no denominado [[Pico do Pelobrinco]], nunha zona onde os montes do Buio acadan a zona costeira á altura da [[praia da Areoura]].
 
==Economía==
Aínda que situada no concello de [[Foz]], a vida socioeconómica da súa poboación está moi ligada á vila de [[Burela]], no concello homónimo, da que dista tan só ao redor 3 quilómetros (8 km. da capital municipal de Foz). As tradicionais ocupacións agrogandeiras deron paso nos últimos anos a unha base económica máis diversificada, estando moitos dos seus habitantes empregados no [[sector terciario]] (basicamente no comercio e nos equipamentos administrativos existentes nas cercanas poboacións de Burela e Foz) ou no sector industrial, principalmente na fábrica de [[alumina]] e [[aluminio]] que a multinacional [[Alcoa]] ten en [[San Cibrao, Lieiro, Cervo|San Cibrao]]. Tamén é importante, aínda que cada vez menor, o número dos seus habitantes que está enrolado nos barcos pesqueiros con base no porto de Burela.
 
==Galería de imaxes==
Liña 26:
Ficheiro:Fotos Galicia II 046.jpg|Parroquia de Cangas.
Ficheiro:Portiño de San Pedro (Cangas-Foz).jpg|Portiño de San Pedro.
Ficheiro:Cangas-Foz.jpg|Cangas-Foz desde o Coto do Faro.
 
</gallery>