Two Door Cinema Club: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
corrixo "elexido" por "elixido"
Liña 21:
No 2007 formouse Two Door Cinema Club, e despois dun aumento do interese pola súa música na súa páxina de [[MySpace]], renunciaron ás súas carreeiras universitarias e comezaron a traballar en metarial de estudio. O EP ''Four Words To Stand On'' foi lanzado en xaneiro do [[2009]] e foi recibido positivamente pola crítica. Varios blogues musicais escribiron artigos sobre a banda e a súa popularidade incrementouse. No mes de xullo dese ano comezaron a gravar o seu álbum de estrea nos Eastcote Studios de [[Londres]] con Eliot James. En setembro a banda comezou as sesións de mestura con Phillipe Zdar en Motorbass, o seu estudio en [[París]].
 
En decembro do ano [[2009]], Two Door Cinema Club foi elexidoelixido na enquisa da [[BBC]] Sound Of 2010 Poll o 165 mellor artista dese ano.
 
En xaneiro do [[2010]], Two Door Cinema Club anunciou a listaxe de cancións e os detalles do seu álbum nunha entrevista en ''[[NME]]''. Este foi publicado o [[26 de febreiro]] en [[Irlanda]] e o [[1 de marzo]] no [[Reino Unido]]. O disco, titulado ''[[Tourist History]]'', lanzaríase nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] o [[27 de abril]]. Foi precedido dos sinxelos "Something Good Can Work", "I Can Talk" e "Undercover Martyn", aparecendo o primeiro e o terceiro en anuncios de televisión de Vodafone e Meteor. "Undercover Martyn" tamén está na banda sonora do videoxogo ''Gran Turismo 5'', mentres que "I Can Talk" sae nos dos xogos 'FIFA 11'' e ''NBA 2K11''. Ademais, "Something Good Can Work" e "Do You Want It All" foron usadas na película do [[2011]] ''Chalet Girl''. O [[25 de novembro]] do [[2010]] o tema "What You Know" foi lanzado como descarga gratuíta para o xogo ''Tap Tap Revenge 3''.