Pearl Jam: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
corrixo "elexido" por "elixido"
Liña 29:
 
===A estrea, ''Ten''===
Ese resultado é o disco ''[[Ten]]'' (número da camiseta de Blaylock nos [[New Jersey Nets]]), certamente un dos mellores álbums de [[grunge]], e do rock en xeral nos últimos tempos (de feito, no mes de febreiro do [[2011]] foi elexidoelixido polos lectores da revista ''[[Rolling Stone]]'' o terceiro mellor álbum dos anos 90<ref>http://www.rollingstone.com/music/photos/rolling-stone-readers-pick-the-top-10-albums-of-the-nineties-20110216/3-pearl-jam-ten-0456992</ref>). Posúe cancións belas e inesquecibles como "[[Alive]]" (o grande éxito radiofónico do disco, e que levou a Pearl Jam a ser coñecido en todo o mundo), "Oceans", "Black" e "Release", outras pesadas e rabiosas típicas do [[grunge]], como "Once" e "Why Go", aparte de outras excelentes por si soas, como "Jeremy" (outro grande éxito radiofónico), "Porch" e "Even Flow". Coa excesiva difusión dese disco na radio e na televisión, a banda fíxose moi coñecida e o álbum chegou así ao ''Top Ten'' estadounidense. A banda gañou o premio de vídeo do ano da [[MTV]], co clip de "Jeremy", á parte doutros premios.
[[Ficheiro:PearlJam.jpg|miniatura|250px|Pearl Jam actuando en Toronto]]
Así, a banda iniciou unha gran xira de divulgación ao redor do mundo, pero sen o batería [[Dave Krusen]], que saíu no final das gravacións dese primeiro disco por problemas persoais. [[Matt Chamberlain]] tocou coa banda nesa xira. Pearl Jam tamén se fixo coñecida polos seus directos, cheos de enerxía e co carisma de Vedder desbordando en cada un deles.