Solón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Calq (conversa | contribucións)
corrixo "elexido" por "elixido"
Liña 9:
== A reforma soloniana==
=== A reforma constitucional===
A principal característica desta xeira reformadora foi que permitiu a un maior número de habitantes participaren na vida pública ateniense. A tal efecto, permitiu que os ''[[thetes]]'', xornaleiros que carecían ata o momento de dereitos políticos, accedesen á ''[[Eklesía]]'', podendo participar na elección dos maxistrados. Tamén creou unha nova institución, a ''[[Bulé]]'', consello de 400 membros elexidoselixidos por sorteo cada ano encargado de preparar as reunións da ''Eklesía'', vixiar a execución das leis e a orde cidadá. A ''[[Heleia]]'', tribunal popular formado por 6.000 membros, contribuíu a achegar a xustiza ao pobo. Ademais, Solón concedeu a facultade a todos os cidadáns de emprenderen unha acción xudicial, así como de apelaren a un tribunal popular a decisión dun maxistrado.
 
=== A reforma social===
Liña 20:
# ''[[Thetes]]''.
 
Só as dúas primeiras clases tiñan dereito a elexirenelixiren e a seren elexidoselixidos nas [[maxistratura]]s do Estado. Por outra banda, cada categoría social desempeñaba un papel diferente no exército, habida conta que eran os propios cidadáns mobilizados para o exército os que debían custear o seu propio material militar. Por exemplo, os ''hippeis'' eran cabaleiros que podían pagarse un [[cabalo]], os ''zeugitas'' realizaban funcións de [[infantería]] pesada e os ''thetes'' formaban a infantería lixeira e actuaban de remeiros na mariña de guerra. Con esta reforma, a posición social e o cargo na [[Administración pública|Administración]] e no exército viñan determinados pola fortuna e non polo nacemento.
 
Outras disposicións lexislativas importantes de Solón foron a retirada do dereito que asistía aos pais de decidiren sobre a vida e a morte dos seus fillos, a concesión do dereito á herdanza e sucesión aos fillos naturais, a prohibición da venda dos fillos por parte dos seus pais e diversas medidas encamiñadas a eliminar os gastos suntuarios dos [[aristocracia|aristócratas]].