CatPeople: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
corrixo "elexida" por "elixida"
Liña 19:
CatPeople naceu en [[Vigo]] a mediados do ano [[2003]] formada por Adrián PD (voz), Paco Iglesias (batería) e Adolfo Rodríguez (baixo). Inicialmente a banda chamouse Isósceles e posteriormente rebautizárona como Magic Noise, nome co cal gravaron a súa primeira maqueta, para a cal e uníu a eles o guitarrista Javier Abalo.
 
Durante os seus primeiros anos a banda estaba dividida entre [[Galiza]] e [[Barcelona]] por motivos de estudos dos seus membros (Adrián e Javier estudaban cine na cidade catalá). A mediados do ano [[2005]] Paco trasladouse a [[Barcelona]] e entraron na banda Raúl Muñoz nos teclados e Nadas no baixo, ao quedar Adolfo en [[Galiza]] (aínda que este se mantería como compositor). O grupo xa adoptara o nome de CatPeople o comezaba a preparar o seu traballo de estrea, despois de que a súa demo ''CatPeople'' fose elexidaelixida pola revista ''Mondosonoro'' como a mellor do ano [[2005]].
 
En xaneiro de ano [[2006]] comezou a gravar no estudio barcelonés Blind Records o seu primeiro álbum, ''[[Reel #1|Reel#1]]'', co selo PuPilo Records. Durante a xira de promoción do álbum tocaron en diversas cidades españolas e en países europeos como [[Portugal]], [[Francia]], [[Alemaña]] e a [[República Checa]], así como en varios festivais como ''Benicassim'', ''Contempopránea'', ''Sonorama'', ''[[Festival Do Norte]]'', ''Europavox'' ou ''Popkomm''.