Banja Luka: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
engado máis da es.wiki
Liña 37:
 
Logo do establecemento da República Serbia, Banja Luka converteuse de facto no centro da entidade (oficialmente en 2003). Calcúlanse en 70.000 os croatas e bosníacos que tiveron que deixar o municipio entre 1992 e 1995 como parte da limpeza étnica que sufriu a República Serbia, ademais moitos serbios opostos á guerra e á política da República Serbia tamén tiveron que marchar da cidade. As 16 mesquitas da cidade, que databan do século XV e XVI, destruíronse na guerra e aínda non se reconstruíron, en parte pola oposición dunha parte dos serbios.
 
== Xeografía ==
Banja Luka ocupa uns 96,2 km² na parte noroeste de Bosnia, no [[río Vrbas]]. A media de altitude da cidade é de 163m por riba do nivel do mar, e está rodeada de outeiros.
 
[[Ficheiro:BL-PARK.jpg|esquerda|200px|miniatura|Parque en Banja Luka.]]
O nacemento do río Vrbas atópase a uns 90 km máis cara ó sur, e os afluentes Suturlija, Crkvena e Vrbanja mestúranse con este río en Bania Luka.
 
A zona que rodea a cidade componse de [[bosque]], ademais hai importantes montañas un poco máis lonxe. Banja Luka está construída no val [[homónimo]], que se atopa nunha zona de transición entre montañas altas e baixas. Os cumios máis importantes son Manjača (1.214 metros), Čemernica (1.338 metros) e Tisovac (1.172 metros). Todos eles forman parte dos [[Alpes Dináricos]].
 
=== Clima ===
Banja Luka posúe un [[clima continental]], con [[inverno]]s fríos e [[verán]]s cálidos. O mes máis caloroso é xullo, cunha temperatura media de 21,3 Cº, mentres que as temperaturas máis baixas son en xaneiro, cunha media duns 0,8 Cº.
 
As [[precipitación]]s anuais en Banja Luka son de 988 mm. Esta cidade ten unha media de 143 días chuviosos ó ano. Por mor da alta [[latitude]] na que se atopa, neva varias veces tódolos anos. Padece de fortes ventos procedentes do norte e do noreste.
 
== Cidades irmás ==