Begonte: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 55:
Os ríos Parga e Ladra cruzan o concello, xuntándose en Pacios antes de desembocar no [[río Miño]], xa no concello de Outeiro de Rei. A xuntanza do [[río Támoga]] co Miño forma a [[illa de San Roque]] no punto onde limitan os concellos de Begonte, Outeiro de Rei e Cospeito. As lagoas do [[lagoa do Ollo|Ollo]] e [[lagoa de Riocaldo|Riocaldo]], ás que hai que engadir as orixinadas pola extracción de áridos nas inmediacións da de Riocaldo, teñen un excelente futuro cunha dobre vertente: a observación e potenciación da natureza, desde o punto de vista medioambiental e unha racional explotación turística que contemple a súa singularidade.
 
Begonte está incluído entre os concellos considerados lugares privilexiados da [[Rede Natura 2000]], e así unha zona do seu territorio forma parte do [[LugarLugares de importancia comunitaria en Galicia|LICLugar de importancia comunitaria]] Parga-Ladra-Támoga, que comprende as ribeiras dos ríos Parga, Ladra, Támoga e Miño, e as lagoas de Riocaldo.
 
==Historia==