Linfocito B: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 6:
É a fase que ocorre na [[medula ósea]]. Aquí prodúcense todas as células hemáticas do organismo (índa que en etapas fetais e baixo certas circunstancias, tamén pode haber hematopoiese no [[fígado]] e no [[bazo]]). No caso das células B xorde un proxenitor linfoide. Unha serie de proxenitores linfoides [[migración celular|migran]] ás zonas B da medula ósea e dan lugar ós precursores de linfocitos B.
 
Nestas áreas, os proxenitores de células B póñense en contacto con células estromais da medula. Reciben sinais de VLA-4 e VCAM. A interación con estas sinais produce que a célula B exprese o receptor c-Kit. Este receptor liga SCF (''stem cell factor'') e fai que a célula B exprese receptor de [[interleucina-7]] (IlIL-7). A IlIL-7 é secretada polas células estromais da medula. Esto provoca a proliferación e diferenciación dos linfocitos B.
 
Despois deste proceso, o linfocito B sae da medula e ponse en circulación, chegando ao ganglio linfático. Índa non é funcional.