Diferenzas entre revisións de «Píndaro»

corrixo *respostaba e outros
(corrixo *respostaba e outros)
Temos poucas noticias fiábeis sobre a súa biografía, a pesar das seis ''Vidas'' que nos deixaron autores antigos. Sábese que naceu en [[Cinocéfalo]], [[Beocia]], cara o [[-518|518 a.C.]] e que, segundo a tradición, pertencía a unha familia aristocrática. De feito, na Vª [[Pítica]], el mesmo parece afirmar que procede da liñaxe dos [[exeidas]], polo que a miúdo manifestará nas súas obras unha especial simpatía polas institucións [[dorio|dorias]].
 
Pasou a súa infancia e primeira xuventude en [[Tebas, Exipto|Tebas]] e en [[Atenas]], onde foi discípulo de [[Agatocles]]. Moi novo aínda, participou nun certame de poesía no que foi vencido pola poetisa [[Corina]] de [[Tanagra]]. Foi ela, nesta ocasión, quen lle aconsellou "sembrar a mans cheas, non a sacos cheos". A primeira [[oda]] pindárica é a Xª Pítica e foi composta cando o autor aínda contaba vinte anos. Pronto se converteu nun afamado poeta. Como tal, percorreu as principais cortes aristocráticas de Grecia: [[Cirene]], [[Siracusa]], etc. Diante da [[Guerras Médicas|invasión dos persas]] adoptou unha actitude de transixencia co inimigo que respostabarespondía á política interesada da súa patria tebana. Nesta cuestión, Píndaro chocou con outro importante poeta, [[Baquílides]], que tomara un punto de vista [[panhelenismo|panhelénico]] e propugnaba a resistencia enconada perante os [[Imperio Persa|persas]], aos que vía como unha ameaza para o conxunto da [[Hélade]]. Píndaro morreu en [[Argos, Grecia|Argos]] entre [[-446|446]] e [[-438|438 aC]].
 
== Obra ==
O estilo de Píndaro é peculiar e difícil. Caracterízase por proceder coa materia poética a saltos, establecendo asociacións bruscas e imprevistas entre elementos distintos. A linguaxe, moi elevada, procede dunha mestura artificiosa de [[dialecto]]s diferentes e satúrase de elementos [[retórica|retóricos]], en especial de [[imaxe poética|imaxes]].
 
A dificultade da obra pindárica é paradigmática: se resultaba xa escura para os seus coetáneos, con posterioridade autores que van de [[Herodoto]] a [[Voltaire]] falan do inintelixíbel da súa poesía. Porén, [[Goethe]] ou [[Hölderlin]] erixíronnoerixírono en símbolo da liberdade do xenio creador.
 
 
59.985

edicións