Reis Católicos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 164:
== Símbolos ==
=== Título de "Reis Católicos" ===
[[Ficheiro:Papa Alexander VI.jpg|miniatura|dereita|250px|O [[papa]] [[Alexandro VI]], na [[bula]] ''[[Inter caetera]]'' chamou aos esposos [[Fernando II de Aragón]] e [[Isabel I de Castela]] "verdadeiros reis e príncipes católicos".]]
 
O papa [[Alexandre VI]] ([[1431]]-[[1503]]), sucesor no papado de Inocencio VIII, expedíu a [[bula]] ''[[Inter caetera]]'', o [[4 de maio]] de [[1494]], que formou parte das [[Bulas Alexandrinas]], dirixíndose aos reis nos seguintes términos:
 
{{Cita|Entre todas as obras agradables á Divina Magestad e desexables ao noso corazón, isto é certamente o principal; que a Fe Católica e a Relixión Cristiá sexa exaltada sobre todo nos nosos tempos, e por onde queira amplíese e dilate, e procúrese a salvación das almas, e as nacións bárbaras sexan sometidas e reducidas á fe cristiá. De onde habendo sido chamados por favor da divina clemencia a esta sagrada cátedra de Pedro, aínda que inmerecidamente; recoñecéndoos como verdadeiros reis e príncipes católicos, segundo sabemos que sempre fostes, e demóstrano os vosos preclaros feitos, coñecidísimos xa en case todo o orbe, e que non soamente o desexades, senón que o practicais con todo empeño, reflexión e dilixencia, sen perdoar ningún traballo, ningún perigo, nin ningún gasto, ata verter o propio sangue; e que a isto ha xa tempo que dedicastes todo o voso ánimo e todos os coidados, como o proba a reconquista do Reino de Granada da tiranía dos sarracenos, realizada por vós nestes días con tanta gloria do nome de Deus; así digna e motivadamente xulgamos que vos debemos conceder espontánea e favorablemente aquelas cousas polas cales poidades proseguir semellante propósito, santo laudable e acepto ao Deus inmortal, con ánimo cada día máis fervoroso, para honor do mesmo Deus e propagación do imperio cristián. ... Por onde, habendo considerado dilixentemente todas as cousas e capitalmente a exaltación e propagación da fe católica como corresponde a Reis e Príncipes Católicos, decidistes segundo o costume dos nosos proxenitores, ...}}
 
O título de "Reis Católicos" foi de novo recoñecido polo mesmo papa Alexandro VI a favor dos reis Fernando II de Aragón e Isabel I de Castela, na [[bula]] ''[[Si convenit]]'', expedida o 19 de decembro de [[1496]].<ref>A bula curiosamente non aparece nos bularios impresos. Publicada 1952 cf. E. REY, La Bula de Alejandro VI otorgando el título de «católicos» a Fernando e Isabel en: «Razón y Fe» 146 (1952) 59-75, 324-347; ibid. Reyes Católicos, en: DHEE III, 2083-84.</ref>
 
Dita bula foi redactada tras un debate no [[Colexio cardenalicio]], realizado o 2 de decembro de 1496, co consello directo dos tres [[cardeal]]é quen enumeraron os méritos dos dous reis para que se lles concedese un título que ninguén posuíra: Oliverio Caraffa -de Nápoles-, [[Francisco Piccolomini]] -de [[Siena]]-, e Jorge de Costa -de [[Lisboa]]- e no que por primeira vez recibiron o nome de ''rei e raíña das Españas'' e no que se barallaron e descartaron outros posibles títulos como ''defensores'' ou ''protectores''.
 
O [[papado]] fundamentou a súa concesión do título en seis causas fundamentais:
* 1. As [[virtudes]] persoais que posuían ambos Reis manifestadas na unificación, pacificación e robustecemento dos seus reinos.
* 2. A [[reconquista]] de Granada de mans do Islam.
* 3. A expulsión dos xudeus que non aceptasen ou aceptasen o [[bautismo]] en 1492.
* 4. Os esforzos realizados por ambos monarcas en intentar levar adiante a [[cruzada]] contra os mahometanos.
* 5. A liberación dos [[Estados Pontificios]] e do feudo papal do Reino de Nápoles invadidos polo rei Carlos VIII de Francia a quen se lle outorgou o título de "Cristianísimo".<ref>http://mercaba.org/FICHAS/Documentos/estudiosiglesia_04-01reyescatolicos.htm</ref>
* 6. A compensación aos dous Reis polo título concedido ao rei de Francia.
 
O papa [[León X]], na bula ''[[Pacificus et aeternum]]'', de [[1 de abril]] de [[1517]], concedeu o mesmo título de Rei Católico ao rei Carlos, quedando incorporado ao uso diplomático e das chancelerías.
 
A actual Constitución Española recoñece ao rei de España o uso dos títulos "que correspondan á Coroa",Artigo 56.2: «O seu título é o de Rei de España e poderá utilizar os demais que correspondan á Coroa». Polo que tamén pode ser chamado ''Rei Católico'' ou ''A súa Católica Maxestade'' ou ''Catholicus Rex''}}.
 
=== Título de "Reis das Españas" ===
O prólogo do ''Diario'' de Cristóbal Colón, conservado nunha copia manuscrita de [[frei]] [[Bartolomé de las Casas]], dirixiuse aos monarcas Fernando e Isabel como "Rei e Raíña das Españas":
 
{{Cita|Porque cristianísimos e moi altos e moi excelentes e moi poderosos Príncipes, Rei e Raíña das Españas e das illas da mar, Os nosos Señores, este presente ano de 1492, logo de Vosas Altezas aver dado fin á guerra dos mouros ... }}
 
A bula papal ''Si convenit'', de 1496, tamén nomeou aos reis, ''rei e raíña das Españas''.
 
== Notas ==