Declaración de Arbroath: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 18:
 
A miúdo ten sido pois interpretada como unha expresión moi temperá da "[[soberanía popular]]", posto que coloca o rei como elixíbel pola poboación (de feito, pola nobreza), e non pola divinidade. Pero tamén pode ser interpretado como unha escusa do propio monarca, que se viu forzado a loitar contra Inglaterra para non ter que abandonar o trono.
 
==Influencia==
A retórica da Declaración de Arbroath foi ben coñecida, tanto Escocia como fóra, e hai quen asegura que puido inspirar o texto da [[Declaración de Independencia dos Estados Unidos]]. Tamén se manteñen os debates interpretativos sobre a relevancia do documento no que respecta o protodemocrático dereito do pobo de escoller o seu rei, ou de se se trata unicamente dun comaquén cunha única finalidade propagandística e que tivo o monarca e o abade Bernard como impulsores.
 
Porén, non se discute que o documento xogou un papel no recoñecemento da [[nación|identidade nacional]] escocesa e na creación da crenza común de que en Escocia quen ten a [[soberanía]] é o pobo, e non o monarca ou o parlamento. Tamén influenciou na máis moderna [[Declaración de Calton Hill]], que buscaba a proclamación da [[república]] escocesa, en [[2004]].
 
Tamén houbo quen empregou as referencias que na Declaración hai ao éxodo do pobo de [[Israel]] para apoiar a tese escocesa do [[israelismo británico]], que cre que os primeiros poboadores das [[Illas Británicas]] procedían das tribos perdidas de Israel.
 
==Ligazóns externas==
*[http://www.geo.ed.ac.uk/home/scotland/arbroath_latin.html Texto orixinal en latín] e a súa [http://www.geo.ed.ac.uk/home/scotland/arbroath_english.html tradución inglesa].
 
 
[[category:Historia de Escocia]]