Euriápsidos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Skull_euryapsida_1.svg|miniatura|dereita|235px|Un cranio euriápsido. po indica o óso postorbital, e sq o óso escamoso.]]
Os '''euriápsidos''' ('''Euryapsida''') son un grupo de [[réptiles]] que se distinguen por teren no seu cranio unha soa abertura ou fenestra temporal detrás da órbita do ollo, en posición superior, baixo a cal se articulan os ósos postorbital e escamoso. O grupo é [[polifilético]], é dicir, non é un grupo natural e está formado por membros non estreitamente relacionados entre si. Crese que os euriápsidos son en realidade un tipo de [[diápsidos]] (animais con cranios con dúas fenetrasfenestras temporais), que modificaron os seus cranios perdendo a fenestra temporal inferior.<ref name="tol fen">LAURIN, M. [http://www.tolweb.org/notes/?note_id=463 ''Temporal Fenestration and the Classification of Amniotes''] en [http://tolweb.org/tree/phylogeny.html Tree of life web project]</ref> Os euriápsidos diferéncianse dos [[sinápsidos]] (que tamén teñen unha soa fenestra temporal) pola situación da súa fenestra, xa que nos sinápsidos esta abertura se encontra por debaixo da articulación entre os ósos post-orbital e escamoso, e nos euriápsidos por riba. Son exemplos de animais euriápsidos os [[ictiosauro]]s, [[placodonte]]s e [[plesiosauro]]s, todos eles réptiles mariños extintos, que non deixaron descendentes que chegaran á actualidade.
 
[[Ficheiro:Ichthyosaur Drawing.jpg|dereita|miniatura|[[Ictiosauro]].]]