Euriápsidos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
traducido de en:Euryapsida
 
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Skull_euryapsida_1.svg|minitura|dereita|235px|Un cranio euriápsido. po indica o óso postorbital, e sq o óso escamoso.]]
Os '''euriápsidos''' ('''Euryapsida''') son un grupo de réptiles que se distinguen por teren no seu cranio unha soa abertura ou fenestra temporal detrás da órbita do ollo, en posiciójn superior, baixo a cal se articulan os ósos postorbital e escamoso. O grupo é [[polifilético]], é dicri, non é un grupo natural e está formado por membros non relacionados entre si. Crese que os euriápsidos son en realidade un tipo de diápsidos (con cranios con dúas fenetras temporais), que modificaron os seus cranios perdendo a fenestra temporal inferior. Os euriápsidos diferéncianse dos sinápsidos (que tamén teñen unha soa fenestra temporal) pola situación da súa fenestra, xa que nos sinápsidos esta abertura se encontra por debaixo da articulación entre os ósos post-orbital e escamoso, e nos euriápsidos por riba. Son exemplos de animais euriápsidos os [[ictiosauro]]s, [[placodonte]]s e [[plesiosauro]]s, todos eles réptiles extintos, que non deixaron descendentes que chegaran á actualidade.