Avelino Cachafeiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Tipografía
Sen resumo de edición
Liña 7:
Con só 25 anos foi proclamado o mellor gaiteiro de Galicia no concurso celebrado en Santiago en [[1924]] (a parte literaria gañouna [[Eladio Rodríguez González]]). En [[1928]] gravaron A Muiñeira de Chantada, A Alborada de Rosalía, A muiñeira de Pontesampaio, Fandango de Pontevedra, Marcha do Corpus, Viva Barriño de Arén, Eicho de dar queridiña, Foliada de Luxán, Foliada Rianxeira, Estroupele-Estroupele, Farruquiña chaman a porta, a Muiñeira de Ourense e o pasacorredoira A volta da festa.
 
Xunto cos seus irmáns Castor e Bautista, [[Os Gaiteiros de Soutelo]], percorreu toda Galicia, así como [[Bos Aires]], [[Montevideo]], [[Brasil]] ou [[Barcelona]] ata que o comezo da [[Guerra Civil]] esfarelou o grupo: A [[Guerra Civil española]] sorprendeunos tocando en Barcelona, en territorio republicano, mentres Galiza quedaba no nacional. A [[Cultural Obreira]] levounos a Madrid para dar ánimos ás tropas que alí loitaban, e cando se dirixían a [[Berlín]] para tocar nos [[Xogos Olímpicos]], decidiron voltar á casa por Lisboa. Así rematou o grupo.
 
Nunca máis tocou en público, o que fixo medrar aínda máis a súa lenda. Dedicouse á poesía, a pintura e á súa faceta empresarial (unha sala de festas e unha gasolineira