O vixía no centeo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
arranxiños
corrixo "soe" por "acostuma" ou "adoita"
Liña 66:
O protagonista é '''Holden Caulfield''', un mozo de 16 anos, moi delgado e co lado dereito da cabeza cheo de canas. Vive en New York, é moi mal estudante, e xa o botaron de 4 colexios. Adoita mentir sen razón algunha, só por diversión ou para evitar dar explicacións. Odia a hipocrisía (se ben en moitas ocasións recoñece que el actúa dese xeito), a falsidade, a xente creída e as palabras cursis e cultas, pero sobre todo que a xente lle minta. É moi amable e carismático, aínda que en ocasións é moi sarcástico e mesmo desagradable. Malgasta os cartos con moita facilidade. Recoñécese como covarde, e ten a manía de acender mistos cando está de mal humor. Fuma moito, e xoga ben ao golf. É virxe e non entende o sexo. Quería moito o seu irmán Allie, xa falecido.
 
Con respecto aos seus compañeiros, fala sobre o seu compañeiro de habitación, Ward Stradlater, do que di que é un “porco en segredo” e que “está namorado de si mesmo”. Tamén fala sobre Robert Ackey, este é un rapaz que vive na habitación do lado e que frecuentemente quéntalle o sague a Holden, aínda que no fondo dálle pena. Carl Luce é un rapaz que coñeceu en Whooton e que según di él sabe moito sobre sexo. Sobre as mulleres fala de Sally Hayes que é a moza coa que soeadoita saír en Nova York e Jane Gallagher que é a moza da que verdadeiramente está namorado.
 
===Familiares===