Metadona: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
corrixo "soe" por "acostuma" ou "adoita"
Liña 91:
Segundo a gravidade da intoxicación, poden distinguirse dous estados: intoxicación leve ou moderada e intoxicación grave. No caso desta última pode chegar a producirse a morte, a cal se da por tres tipos de efectos:
 
* Patoloxía respiratoria: polo xeral, soeadoita producirse un edema agudo de pulmón non cardioxénico. Pero tamén se asocia con outros problemas como pode se a aspiración do vómito debido a unha depresión central ou unha bronconeumonía. Nos casos nos que se da unha intoxicación mixta con benzodiazepinas, asóciase tamén a alteracións funcionais debidas a obstrución das vías respiratorias superiores e reaccións de tipo asmático.
* Patoloxía cardíaca: a metadona bloquea a condución cardíaca, polo que, en casos de intoxicación, poden darse episodios de bradicardia e taquicardia. Tamén se cree que pode ter efecto arritmoxénico, xa que existen evidencias in vivo da capacidade da metadona de producir arritmias.
* Patoloxía renal: na maior parte dos casos, o problema renal débese a rabdomiolisis secundarias ao coma e á inmobilización prolongada.