Chozos do Suído: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
corrixo "soe" por "acostuma" ou "adoita"
Liña 4:
 
== Arquitectura ==
Os ''chozos'' son pequenos alpendres dunha peza, de planta xeralmente cadrada (uns 20 m²), sen [[sollado]], e con muros e cuberta en fábrica de [[cachotaría]] de gneis (semellante ao [[granito]]). O espesor dos muros é considerábel (de 0,6 a 0,8 metros) por mor da grande carga que soportan. Malia seren construcións vernáculas erguéronse nos séculos do [[románico]], e teñen unha clara e singular influencia da arquitectura culta reflectida no uso de rústicos [[arco de medio punto|arcos de medio punto]] (poden ser dende un até tres) para soster unha pesada cuberta a dúas augas arranxada con grandes laxes de gneis recuberta dunha camada de terra e [[brión]]s para asegurar un illamento no habitáculo. O arco soeadoita formarse de sete [[doela]]s (únicos elementos algo traballados). O [[saimel]] fica integrado na parede e arrinca a uns 60 centímetros do chan. As máis das veces os grosos muros de granito teñen [[contraforte]]s exteriores para aturar as fortes cargas que xeran os arcos co peso do teito. A porta de entrada é un pequeno oco no muro pinche, e debido ao pesado da construción os vans adoitan reducirse. Non existe referencia da existencia de portas de madeira ou outro elemento que pechara o chozo, aínda que sería o lóxico para manter a calor no interior e protexerse dos posíbeis ataques de [[lobo]]s. Tamén existe normalmente nos muros laterais unha pequena [[bufarda]] que serve de tiro do fume da lareira e deixa entrar as primeiras raiolas de sol ao abrente. No interior é común atopar unha [[lareira]], un [[forno]] e [[fornela]]s e [[lacena]]s. Atópanse a uns 900 metros sobre o nivel do mar, nos lugares máis abeirados das montañas, aproveitando as abas nas vertentes sur para se gorecer dos ventos fríos e húmidos do norte. Arredor dos ''chozos'' existen os ''cortellos'' (hoxe medio derruídos), cerrumes feitos con valados de pedra para gardar os becerros de cadansúa familia. Preto dos chozos existía tamén un [[curro]] ou sobeira non moi grande, feito de cachotería, lousas e grandes bloques pétreos. Xa que están construídos coa pedra do lugar e cunha cuberta vexetal, están totalmente integrados na paisaxe da serra.
 
== Uso ==