Chlamydophila pneumoniae: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 23:
[[Ficheiro:Chlamydophila pneumoniae.jpg|miniatura|dereita|200px|Ciclo de vida de ''Ch. pneumoniae''.]]
 
''ChlamydophilaC. pneumoniae'' é unha pequena bacteria [[Gram negativa]] de 0,2 a 1 [[micrómetro|μm]], que sofre varias transformacións durante o seu ciclo vital. Existe en forma de [[corpo elemental]] para pasar dun [[hóspede]] a outro. O corpo elemental non é bioloxicamente activo, pero é resistente aos estreses ambientais e pode sobrevivir fóra do hóspede durante un tempo limitado. O corpo elemental pasa dunha persoa infectada aos [[pulmón]]s dunha persoa non infectada por medio de pequenas pingas que flotan no aire (soltadas ou tusir ou espirrar), e orixina a [[infección]]. Unha vez nos pulmóns, os corpos elementais son captados polas células por [[fagocitose]] e quedan no interior de vesículas chamadas [[endosoma]]s. Porén, o corpo elemental non é destruído pola fusión dos [[lisosoma]]s co endosoma, como é habitual na fagocitose. En lugar diso, o corpo elemental transfórmase nun [[corpo reticulado]] e empeza a se replicar dentro do endosoma. Os corpos reticulados deben aproveitarse de parte do [[metabolismo]] celular do hóspede para completaren a súa replicación. Os corpos reticulados convértense despois de novo en corpos elementais e son liberados outra vez nos pulmóns, moitas veces causando a morte da célula hóspede. Os corpos elementais poden así infectar novas células do mesmo individuo ou dun novo individuo. Por tanto, o ciclo de vida de ''C. pneumoniae'' divídese nunha fase de corpos elementais, que poden infectar a novos hóspedes pero non se poden reproducir, e outra de corpos reticulados, que se replican pero non son infectivos.
 
== Enfermidades ==