Julian Schwinger: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
m →‎Traxectoria: Roy J. Glauber
Liña 9:
Logo da guerra, Schwinger deixou Purdue pola [[Universidade Harvard]], onde ensinou dende [[1945]] a [[1972]]. Casouse en [[1947]]. Durante este tempo, desenvolveu o concepto de [[renormalización]], que explicaba o [[Efecto Lamb]] no [[campo magnético]] do electrón. No seu estudo das partículas elementais,chegou á conclusión de que os [[neutrino]]s poden pertencer a múltiples variedades, asociadas cos tipos de [[leptón]]s como o [[electrón]] e o [[muón]], o que foi verificado experimentalmente en anos recentes.
 
Tendo supervisado máis de setenta disertacións doutorais, Schwinger é coñecido como un dos máis prolíficos asesores en física. Catro dos seus estudantes gañaron [[Premio Nobel]]: [[Roy J. Glauber]], [[Benjamin Roy Mottelson]], [[Sheldon Glashow]] e [[Walter Kohn]] (este último en [[Química]]).
 
Na súa longa carreira, non conforme coa complexidade doutras explicacións dos experimentos con partículas elementais, Schwinger desenvolveu a [[teoría fonte]]. Schwinger deixou Harvard en [[1972]] por unha posición na [[Universidade de California, Los Ángeles]] onde continuou co seu traballo na source theory, ata a súa morte.