Sorbeira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
corrixo "soe" por "acostuma" ou "adoita"
Liña 33:
 
== Descrición botánica ==
Arboriña rexa e resistente que pode acadar os 20 [[metro]]s de altura, aínda que soeadoita chegar só até os 12. A copa é follosa, cunha ramificación regular e forma alongada, arredondada. O [[Tronco (árbore)|toro]] é de [[casca]] fendida e de cor cinsenta, mentres que as [[póla]]s novas son verdosas ou alaranxadas e con lanuxe (tomentosas).
 
As [[folla]]s son alternas, caedizas, imparipinnadas, con 11-21 [[folíolo]]s oblongo-lanceolados, aveludados pola face superior e un chisco amarelentos polo anverso. As [[flor]]es so nde cor branca ou do leite, con cinco [[pétalo]]s, reunidas en [[corimbo]] duns 1,5 centímetros de [[diámetro]]. O [[froito]], a [[sorba]], é un [[Pomo (froito)|pomo]] carnoso, piriforme (semellante ao [[Pereira brava|pero]] bravo) arredondado duns 2,5 centímetros; de novos son verdes mais acadan unha cor encarnada castaña ao chegaren. Rosea na primavera e os froito apáñanse a finais do verán.