Ponte de Rande: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
→‎Enxeñería: engado referencia
Lameiro (conversa | contribucións)
Liña 11:
 
==Enxeñería==
As obras de construción comezaron a finais do ano [[1973]], coa colocación da primeira pedra o [[17 de decembro]], e duraron ata o ano [[1977]], aínda que a ponte non se inaugiraría e abriría ao tráfico ata catro anos despois, o [[7 de febreiro]] de [[1981]] <ref>[[http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2011/02/06/dia-abrio-rande/515925.html "El día que se abrió Rande"], en ''Faro de Vigo'', 6.02.2011.</ref>, debido a que as prolongacións dos accesos a terra non quedaron rematadas ata ese ano. O seu custo foi de 3.658 millóns de [[peseta]]s da época e o proxecto orixinal é dos enxeñeiros [[Fabrizio de Miranda]], [[Florencio del Pozo]] e [[Alfredo Passaro]].
 
A ponte dispón de tres vans: os laterais de 147,42 metros, e o central de 400,14 metros de luz entre os eixos dos piares centrais. O taboleiro resólvese cunha estrutura metálica atirantada con cables de aceiro, cun largo de 23,46 metros e un canto de 2,46 metros. Os piares centrais son de formigón armado de 118,60 metros de altura. As travesas dos piares principais son de formigón postensado. Para acceder a ponte, conta con dous viadutos de formigón pretensado, de 753 metros no lado sur e 106 metros no lado norte.