Música clásica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
imaxe
corrixo "soe" por "acostuma" ou "adoita"
Liña 20:
===Contexto histórico e social===
:''Véxase [[Ilustración]]''
Adóitase situar como o inicio do clasicismo musical o ano [[1750]], ano da morte de [[Johann Sebastian Bach|J.S Bach]], se ben como soeadoita ocorrer en tódolos períodos da historia da música esta data é orientativa, e o paso ao novo estilo foi un fenómeno gradual ata a aceptación do mesmo. O certo é que o clasicismo musical nace aproximadamente na segunda metade do século [[XVIII]], na última parte do Período da [[Ilustración]], un movemento humanístico e [[secular]] por natureza que desafiou os sistemas estabelcidos de pensamento e comportamento, xa que enfatizaba a razón, a lóxica e o coñecemento. As liñas fundamentais do pensamento do [[século XVIII]] desenvólvense a partir do legado das conquistas realizadas no [[século XVII|século anterior]] no campo das ciencias, as matemáticas e a filosofía. Logo das novas concepcións científicas sobre o universo e sobre Deus (valorábase máis a fe individual e a moralidade práctica que á Igrexa como institución) e a non aceptación das mesmas (proba desta non aceptación é a persecución sufrida por [[Galileo Galilei]] durante os últimos 28 anos da súa vida) durante o século XVII, nos primeiros anos do século XVIII as obras de [[René Descartes]] e [[Isaac Newton]] entroutros foron ben recibidas e aceptadas por unha sociedade cunha formación intelectual máis ampla. A crenza de que o individuo posuía dereitos desafiaba a autoridade do Estado, e aqueles que se baseaban na [[relixión]], na superstición e no sobrenatural para manteren as posicións de poder, viron a súa autoridade cuestionada e eventualmente reducida. A crenza nos [[dereitos humanos]] e na irmandade sobrepóñense ao dereito divino dos reis, ata entón considerado innegable, xa que os privilexios de clase desaparecían ao recoñecer que tódolos homes eran iguais e ao adoptar a educación universal. Considerando este período como un gran punto de reviravolta, os filósofos e escritores promoveron a razón en detrimento do costume ou da tradición como a mellor guía da conduta humana. A Ilustración defendía o convencemento de que mediante a razón e o coñecemento se podían solucionar os problemas sociais e prácticos.
 
Houbo dous feitos históricos vencellados ao ideal do iluminismo determinantes nesta época, a [[revolución americana]] e a [[revolución francesa]], que foron combatidas durante esta metade do século.