Lavr Kornilov: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JaviP96 (conversa | contribucións)
m imaxe e arranxiño
Liña 10:
O Xeneral Kornílov decidiu intervir na caótica situación de [[Rusia]] porque, ó igual que a clase media da época, cría que o constante deterioro da nación a convertería nunha [[anarquía]] e que unha derrota militar sería desastrosa para o orgullo e honra rusos. ''[[Lenin]] e os seus espías alemáns'' -dixo Kornílov- ''deben ser executados, os [[soviet|soviéticos]] erradicados, a disciplina militar restaurada e o goberno provisional reestruturado''.
 
En agosto de 1917 Kornílov realizou un chamamento a todos os rusos para “salvar as súas terras” e ordenou ás súas tropas avanzar cara Petrogrado. Incerto no número de tropas inimigas, Kérenski (Líder do Goberno Provisional) viuse obrigado a pedir axuda de todas partes, incluíndo a [[GuardaGarda Vermella]] bolxevique.
 
Logo do seu errado golpe de estado en setembro de 1917, Kornílov foi sentenciado a arresto domiciliario. A partir de entón, os [[bolxevique]]s fixéronse co poder no territorio ruso. De volta, fuxindo do encarceramento, Kornílov viaxou cara [[Novorcherkassk]], onde xunto ó Xeneral [[Mikhail Alekseiev]] colaborou na formación do contra-revolucionario [[Exército Voluntario]]. Morreu en [[Krasnodar]] en abril de [[1918]], durante un enfrontamento co [[Exército Vermello]], cando unha granada inimiga explotou no seu cuartel.