Peneira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
corrixo soe por acostuma ou adoita
Liña 5:
Unha '''peneira''' é un instrumento formado tradicionalmente por unha caixa de [[madeira]], con fondo de [[coiro]] con furados ou ben cunha [[nó|rede]] de metal de malla máis ou menos fina, que se emprega para separar as partículas de distinto grosor que constitúen certas materias, como a [[fariña]], a [[area]] etc. En galego tamén recibe os nomes de baruto, bortel ou xirgo. O termo '''cribo''', '''criba''' ou '''zaranda''' refírese a un tipo de peneira que se emprega soamente para zarandear certas sementes, como [[trigo]], [[chícharo]]s, [[millo]] etc., limpándoas daquelas partículas máis grosas que interesa separar.
 
No caso da fariña sóeseadóitase separar o óleo (fariña miúda) do [[farelo]]
 
Componse dun aro ancho e delgado de madeira e dun fondo furado de diferente material segundo a operación e o tipo de gran a peneirar. A tea soeacostuma ser de serda, aramio, lenzo ou seda. O cilindro pode tamén estar feito de [[folla de lata]] furada ou de arames de ferro postos circularmente uns xunto a outros.
 
Nas [[panadaría]]s importantes botaban a fariña saída das moas nun cuarto que estaba enriba da peneira. Abrían un buraco no chan onde colocaban unha canle de táboas ou de lenzo por onde caía a fariña nunha [[moega]] ou canoura. Despois de caer a fariña na moega, pasaba ao cilindro que se achaba en plano inclinado e entón se lle daba voltas co [[cegoñal]] e a pendente facía que a fariña pasase da tea máis fina á máis mesta, até que o farelo caía pola abertura. Algunhas veces había una quinta división ou caixón máis grande que os demais para recibilo ou se abeiraba un costeiro a esta abertura para o recoller.