Diferenzas entre revisións de «Efecto Tetris»

sen resumo de edición
m (fixing dead links)
[[Ficheiro:Emacs Tetris vector based detail.svg|miniatura|200px|Captura de imaxe dun xogo de Tetris. A xente que xoga a videoxogos de crebacabezas coma este durante un longo espazo de tempo poden chegar a ver imaxes en movemento coma estas nas marxes do seu campo de visión, cando fechan os ollos ou cando van durmir]]
 
O '''efecto Tetris''' prodúcese cando unha [[persoa]] lle dedica [[tempo]] e atencións exaxeradas a unha actividade até tal punto que esta actividade comeza a eclipsar os seus [[pensamento]]s, imaxes mentais e [[soño]]s. Recibe o nome a partir do coñecido [[videoxogo]], [[Tetris]]. Neste [[xogo]] débense rotar e mover diferentes pezas, denominadas [[tetrominó]]s, que van caendo sobre a base da [[pantalla]] e formar bloques con eles de tal maneira que se creen liñas horizontais sen buratos polo medio. Cando isto se consegue a liña é eliminada. O obxectivo é facer o maior número posíbel de liñas antes de que a pantalla se encha rematando o xogo.
 
Usuario anónimo