Año: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Imaxe:Dersau3.02.08 018.jpg|thumbminiatura|right|250px|Un año.]]
 
Un '''año'''<ref>[http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?palabra=a%C3%B1o&sinom=0&homonimo= Denominación en galego en Portal das Palabras]</ref> (do [[latín]] ''agnus'') é a cría de calquera animal do xénero ''[[Ovis]]'', en especial da [[Ovella|ovella doméstica]] (''[[Ovis orientalis aries]]''). Algún autores consideran que o termo só se refire á cría que non pasa de un ano, aínda que esta restrición só acostuma referirse ao termo cordeiro<ref>''Dicionario da Real Academia Galega'', A Coruña, RAG, 2012; Léxico de xeografía. Santiago de Compostela, Universidade, 1996; ''Vocabulario de historia'' Santiago de Compostela, Universidade, 1994</ref>.
Liña 8:
 
== Carne de año ==
[[Ficheiro:Cordero asado.JPG|dereita|thumbminiatura|250px|Año asado ao estilo castelán.]]
A carne de año ou cordeiro é, polo xeral, aquela procedente de animais de entre un mes e un ano de idade e cun peso de entre 5,5 e 25 kg. É a forma principal na que se consomen estes animais, xa que carnes de exemplares máis vellos adoitan ter un sabor rancio. O año é a especie de carne máis vella dos animais domesticados. Este foi criado polos humanos no Medio Oriente dende hai 9.000 anos. En moitos países, a carne de cordeiro é a maior fonte de carne que se consome. En Galicia hai moita tradición de consumo de carne de año, aínda que non tanto como de vaca ou porco.
 
Liña 16:
 
== Simboloxía ==
[[Ficheiro:Agnus Dei Tallara.jpg|dereita|thumbminiatura|230px|''[[Agnus Dei]]'' (Año de Deus) con motivos [[celtas]] na cumieira da igrexa de [[Tállara]], [[Lousame]] (Galicia).]]
O año é símbolo de [[mansedume]] na [[iconografía]] tradicional, e o animal escollido con frecuencia para os [[Sacrificio de animais|sacrificios]] relixiosos; por extensión, o termo ''Año de Deus'' (en [[latín]] ''[[Agnus Dei]]'') designa moitas veces na literatura litúrxica e teolóxica a [[Xesús de Nazaret|Xesús Cristo]], e a súa figura é representada coma un año nas [[alegoría]]s artísticas.