Antonio Quesada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 2:
 
==Traxectoria==
Naceu nunha familia, a Quesada, composta por máis dunha vintena de artistas plásticos e debuxantes, como [[Xaime Quesada Porto|Xaime Quesada]], [[Carlos Quesada]] ou [[Fernando Quesada]], todos eles irmáns de Antonio. Profesionalmente dedicouse á administración pública, e foi funcionario de [[Facenda]]. En [[1953]] consegue praza en [[Zamora]], onde vivirá e comezará a pintar. Na cidade leonesa coñece o pintor [[Antonio Pedrero]] e os poetas [[Claudio Rodríguez Fer]] e [[Hilario Tundiror]].
 
Casa en Zamora e permanece na cidade ata que se traslada en [[1966]] a [[Vigo]], onde residirá o resto da súa vida.
 
Pintor [[arte abstracta|abstracto]], destacou como [[paisaxe|paisaxista]], con obras que combinan manchas de cores e nas que dificilmente se poden recoñecer elementos concretos. As súas técnicas artísticas máis cultivadas son o [[óleo]] (sobre [[lenzo]] ou [[madeira]]), e a [[serigrafía]]. Hai obra súa no [[Museo Municipal Quiñones de León]], o [[Museo de Belas Artes da Coruña]], o [[Museo Municipal de Ourense]], o Bello Janeiro de Ferrol e o de [[Toledo]], e en varias coleccións privadas e institucións públicas.<ref>{{Smallcaps|[[Francisco de Pablos|Pablos, Francisco de]]}} [[et al.]]: Artigo "QUESADA PORTO, Antonio" en ''[[Gran Enciclopedia Galega]]''.</ref>
 
==Notas==
{{Listaref|2}}
 
==Véxase tamén==
===Bibliografía===
* ''Plástica Gallega'', [[Francisco Pablos|Pablos]], [[Manuel Colmeiro Guimarás|Colmeiro]], [[Ángel Ilarri Gimeno|Ilarri]], [[Xavier Pousa Carrera|Pousa]] e Antonio Quesada Porto, Caja de Ahorros Municipal de Vigo, [[1981]], 408 páxp., ISBN 84-7231-603-3.<sup>[http://www.pintoresgallegos.com/bibliografia/imagenes/plasticagallega.jpg]</sup>
===Outros artigos===
*Irmáns: [[Fernando Quesada]], [[Xaime Quesada Porto|Xaime Quesada]], [[Carlos Quesada]]...
*Sobriños: [[Yayo Quesada]], [[Marieta Quesada]], [[Xaime Quesada Blanco]]...