Teito: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
corrixo
Liña 2:
[[Ficheiro:Teito do museo da Catedral de Santiago.jpg|thumb|right|260px|Teito do museo da [[Catedral de Santiago de Compostela]], [[Galicia]].]]
 
'''Teito'''<ref>[http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?palabra=teito&sinom=0&homonimo= Nome galego no Portal das Palabras da [[RAG]].]</ref> (do latín ''tectum'' e este á súa vez do verbo ''tegere'' con significado de recubrir, cubrir, protexer.) é en construción, a superficie interior, xeralmente horizontal, por riba dos límites superiores das [[parede]]s dun [[cuarto]] (ou outro habitáculo: un coche por exemplo). A parte exterior, tamén denominada teito, soeadoita porén recibir o nome de [[cuberta]] (tellado), que é a que leva a parte estrutural ([[estrutura de cuberta]]).
 
O teito non é polo xeral un elemento estrutural (agás no caso das [[Bóveda (arquitectura)|bóvedas]] en arquitectura culta), senón máis ben un acabado de superficie (plafón) que oculta a parte inferior do piso ou da estrutura que existe por riba. A vivenda tradicional galega soía ter o teito constituído directamente pola estrutura de madeira do [[sollado]] (forxado) ou da estrutura da propia cuberta (trabes, cangos e cubrición). Pola contra moitas veces, especialmente en construcións máis coidadas, coma casas grandes e [[pazo]]s a estruturas cubríanse cun teito ou plafón formado por pequenas lamelas de madeira cubertas cunha camada de cal.