Diferenzas entre revisións de «Alain Delon»

Arranxos
(poño modelo actor)
(Arranxos)
Trala separación do seu pai e a súa nai cando tiña catro anos, tivo unha infancia difícil, sendo expulsado do colexio católico onde estudaba por mala conduta. Deixou a escola con 14 anos, pasando a traballar na carnicería do seu medio pai. Con 17 anos entrou no exército como paracaidista, participando na [[batalla de Diên Biên Phu]] da [[guerra de Indochina]]. Tras regresar da guerra, traballou como estibador no Mercado Central de [[París]].
 
Era amigo do actor [[Jean-Claude Brialy]] e da actriz [[Brigitte Auber]], e no [[Festival de Cannes]] de [[1956]] coñeceu aosos directores [[Yves Allégret|Yves]] e [[Marc Allégret]]. Iniciouse no cinema en [[1957]] nun cameo en ''[[Quand la femme s'en mele]]'', de [[Yves Allégret]]. Consagrouse en [[1960]] con ''[[Plein soleil]]'', de [[René Clément]]. Pasou a ser un dos actores fetiche de [[Luchino Visconti]], co que protagonizou ''[[Rocco e i suoi fratelli]]'', e compartiu protagonismo con [[Burt Lancaster]] e [[Claudia Cardinale]] en ''[[Il gattopardo]]''. Tamén traballou con [[Michelangelo Antonioni|Antonioni]] en ''[[L'eclisse]]'' e con [[Brigitte Bardot]] en ''[[Les amours celebres]]'' de [[Michel Boisrond]].
 
Logo desta época, centrouse no cinema francés, con películas como ''[[Le samurai]]'' de [[Jean-Pierre Melville]], ''[[Histoires extraordinaires]]'' e Historias extraordinarias'' de [[Louis Malle]] e ''[[La piscinaepiscine]]'' de [[Jacques Deray]]. En 1976 protagoniza ''[[Monsieur Klein]]'' de [[Joseph Losey]] e ''Le gang''. En 1984 traballa en ''Un amour de Swann'', de [[Volker Schlöndorff]].
 
Iniciouse como produtor, obtendo grande éxito con ''Borsalino'' de [[Jacques Deray]], na que aparece xunto a [[Jean-Paul Belmondo]]. En 1980 dirixe ''[[Pour la peau d'un flic]]'', e en 1983 repite tralas cámaras con ''[[Le battant]]''.
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.alaindelon.com/ www.alaindelon.com/Páxina oficial]
* {{IMDb|001128}}
* {{Imdb name|name=Alain Delon|id=0001128}}
 
{{commonscommonscat}}
{{ORDENAR:Delon, Alain}}
 
35.138

edicións