Diferenzas entre revisións de «Especiación»

m
A [[Neodarwinismo|Teoría Neodarwinista]] desenvolveu modelos de especiación para interpretar como as novas especies traspasan a liña de descontinuidade reprodutiva. As relacións xeográficas, morfolóxicas e xenéticas entre poboacións e especies próximas conduciron a postular basicamente tres tipos principais de especiación:
 
*'''Especiación Alopátricaalopátrica''' (noutra patria): É a especiación que resulta da aparición de barreiras reprodutoras entre poboacións xeograficamente separadas, ó evolucionar ditas poboacións independentemente e adaptárense ós seus novos contornos. Esta separación debe ser grande abondo, ou as barreiras naturais ([[accidente xeográfico|accidentes xeográficos]]) o bastante importantes, como para evitar calquera migración efectiva, posto que un único inmigrante por xeración pode impedir que as subpoboacións acaben diferenciándose en novas especies. Existen dous grandes patróns de especiación alopátrica, ambos modelos propostos por Ernst Mayr:
**'''Especiación Vicariantevicariante:''' Prodúcese cando dúas poboacións diferentes se separan mediante barreiras orixinadas por cambios xeolóxicos ou climáticos que son impenetrables. Isto, provoca a fragmentación do [[Hábitat (ecoloxía)|hábitat]], o que impide o fluxo xenético e por tanto a acumulación de diferencias tanto xenéticas como morfolóxicas. As poboacións tamén poden quedar divididas pola extinción de poboacións intermedias.
**'''Especiación Peripátricaperipátrica:''' Implica a separación dunha poboación menor de outra maior co fin, por exemplo, de colonizar novos hábitats. Co tempo lograrase unha diverxencia xenética e/ou morfolóxica que derivará nunha nova especie. Estes individuos dunha especie que migran a unha localidade distante onde non existen outros membros da súa especie e establecen unha nova poboación é o que se coñece como [[Efecto Fundador]].
*'''Especiación Simpátricasimpátrica''' (na mesma patria): Este tipo de especiación dáse entre especies estreitamente relacionadas que conviven na mesma área de distribución e que se van especializar en ocupar diferentes [[Nicho ecolóxico|nichos]] dentro do contorno no que viven. Deste xeito, acadan unha separación física e adaptativa suficiente para construír barreiras reprodutoras e chegar por tanto a constituir especies diferentes.
*'''Especiación [[ParapátricaEspeciación parapátrica]]:''' Ocorre en poboacións que posúen unha área de distribución espacial continua. É típica de organismos inmóbiles que ocupan áreas xeográficas moi amplas. A falta de mobilidade (grandes distancias,...) impide que os organismos dos extremos desa área se poidan cruzar, ou que ese cruzamento sexa moi complicado, establecéndose co tempo unha barreira reprodutiva.
 
== Mecanismos de illamento reprodutivo ==
205.270

edicións