Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
{{Alfabeto}}
{{Contén texto rúnico}}
[[Ficheiro:Saleby_kyrkklocka,_Västergötland.png|miniatura|200px|Campá da igrexa de Saleby, Västergötland, Suecia, que contén unha inscrición de 1228 en futhark]]
[[Ficheiro:Ög165 Runsten vid Vårfrukyrkan, Skänninge.jpg|miniatura|dereita|200px|Pedra con runas, # Ög165, no exterior da igrexa de [[Vårfrukyrkan]], [[Skänninge]], [[Östergötland]], [[Suecia]].]]
O '''alfabeto rúnico''' (en [[Lingua protonórdica|protonórdico]]: ᚱᚢᚾᛟ ''runo'', e en [[Lingua nórdica antiga|nórdico antigo]]: ''rún'') ou ''Futhark'' —termo formado a partir do nome das seis primeiras letras deste alfabeto, que se chamaban '''runas'''— era o [[alfabeto]] utilizado polos antigos pobos de [[linguas xermánicas|lingua xermánica]] (como os [[anglos]] e [[nórdico antigo|nórdicos]]).
 
Tamén se empregaba na [[adiviñación]] e na [[maxia]]. Ao contrario das letras do [[alfabeto latino]], as runas teñen sensos intrínsecos. O feito, con todo, é que o alfabeto latino é o froito dunha longa e lenta evolución, herdanza dos [[etruscos]], cuxo alfabeto era tamén o froito da herdanza dos [[fenicios]]; como todos os alfabetos tiveron como orixe os [[pictograma]]s, que tiñan un significado simbólico, é bastante improbábel que os pobos xermánicos puideran inventar un alfabeto a partir da nada uns milenios despois do nacemento dos primeiros alfabetos. Unha moeda etrusca que representaba os atributos de [[Atenea]] atopada no [[Valais]], en Suíza, traza bastante ben o camiño que debeu percorrer o alfabeto cara o norte antes de os pobos nórdicos adaptáreno ás súas propias [[linguas nórdicas|linguas]]. É moi probábel que o '''futhark primitivo''' de 24 letras derive dos [[alfabetos alpinos]], que á súa vez provirían do [[alfabeto etrusco|etrusco]].
186.027

edicións