Diferenzas entre revisións de «José Zorrilla»

corrixo *gubernamental e outros
(corrixo *gubernamental e outros)
[[Ficheiro:Jzorrilla.jpg|miniatura|220px|José Zorrilla.]]
 
'''José Zorrilla y Moral''', naceunado en [[Valladolid]] o [[21 de febreiro]] de [[1817]] e morreumorto en [[Madrid]] o [[23 de xaneiro]] de [[1893]], foi un [[poesía|poeta]] e [[teatro|dramaturgo]] en [[lingua castelá]].
 
== Traxectoria ==
Era fillo dun home [[carlismo|carlista]], relator da [[Real Chancillería de Valladolid|Real Chancillería]], e de [[Nicomedes Moral]], unha muller moi piadosa. Tras varios anos en Valladolid, a familia pasou por [[Burgos]] e [[Sevilla]] para áó fin establecerse en [[Madrid]] cando tiña 9 anos, logrando o seu pai o posto de superintendente de policía. José Zorrilla ingresou no [[Seminario de Nobles]], rexentado polos [[xesuítas]], onde participou en representacións teatrais escolares.
 
Trala morte de [[Fernando VII de España|Fernando VII]], o seu pai, profundo [[absolutismo|absolutista]], foi desterrado a [[Lerma, Burgos|Lerma]], e o fillo enviado a estudar [[Dereito]] á [[Real Universidade de Toledo]] baixo a vixilancia dun familiar [[cóengo]], en cuxa casa se hospedou; porén, tralo seu fracaso escolar o cóengo devolveuno a [[Valladolid]] para que seguise estudando alí ([[1833]]–[[1836]]). Á súa chegada á cidade natal foi amonestado polo pai, que marchou despois a [[Torquemada]], e por [[Manuel Tarancón]], [[rector]] da Universidade e futuro [[bispo de Córdoba]].
 
O carácter imposto dos estudos e maila súa atracción polo [[debuxo]], as mulleres (unha curmá da que namorou durante unhas vacacións) e a [[literatura]] de autores coma [[Walter Scott]], [[James Fenimore Cooper]], [[Chateaubriand]], [[Alexandre Dumas (pai)|Alejandro Dumas]], [[Victor Hugo]], o [[Ángel de Saavedra|Duque de Rivas]] ou [[José de Espronceda|Espronceda]], levaron o seu futuro por outros vieiros. O pai desistiu do intento de tirar proveito do seu fillo e en [[1836]] mandouno levar a Lerma a cavar [[vide]]s, pero de camiño o mozo roubou unha [[mula]], fuxiu a Madrid e iniciouse na vida literaria frecuentando os ambientes artísticos e [[bohemia|bohemios]] da vila, malia pasar moita fame.
 
Finxiu ser un artista [[italia]]no para debuxar no Museo das Familias. Publicou algunhas poesías en ''El Artista'' e pronunciou discursos revolucionarios no Café Nuevo, que oso levaron a ser perseguido pola policía, tendo que refuxiarse na casa dun xitano. Daquela fixo amizade con [[Miguel de los Santos Álvarez]] e o italiano [[Joaquín Masard]]. Trala morte de [[Mariano José de Larra|Larra]] en [[1837]], José Zorrilla declama na súa memoria un improvisado poema co que logra a amizade de [[José de Espronceda]] e [[Juan Eugenio Hartzenbusch]], e que o consagraría coma poeta de renome. Comezou a escribir para os periódicos ''El Español'', onde substituíu ao falecido, e ''El Porvenir''. Empezou a frecuentar a [[tertulia]] de [[El Parnasillo]] e leu poemas en El Liceo. O seu primeiro drama, escrito en colaboración con García Gutiérez, foi ''Juan Dándolo'', estrenado en xullo de [[1839]] no Teatro del Príncipe. En [[1840]] publicou os ''Cantos del trovador'' e estrenou tres dramas, ''Más vale llegar a tiempo'', ''Vivir loco y morir más'' e ''Cada cual con su razón''. En 1842 publica ''Vigilias de Estío'' e dá a coñecer as obras teatrais ''El zapatero y el rey'', ''El eco del torrente'' e ''Los dos virreyes''.
 
O seu primeiro drama, escrito en colaboración con García Gutiérez, foi ''Juan Dándolo'', estrenado en xullo de [[1839]] no Teatro del Príncipe. En [[1840]] publicou os ''Cantos del trovador'' e estrenou tres dramas, ''Más vale llegar a tiempo'', ''Vivir loco y morir más'' e ''Cada cual con su razón''. En 1842 publica ''Vigilias de Estío'' e dá a coñecer as obras teatrais ''El zapatero y el rey'', ''El eco del torrente'' e ''Los dos virreyes''.
 
En 1838 casou con Florentina O'Reilly, unha viúva irlandesa arruinada moito maior ca el e cun fillo, pero o matrimonio foi infeliz; un fillo que tiveron morreu, e el tivo varias amantes. En 1845 abandonou á muller e marchou a [[París]], onde asistiu a algúns cursos na facultade de Medicina{{cómpre referencia}}. Alí mantivo amizade con [[Alexandre Dumas (pai)|Alejandro Dumas]], [[Alfred de Musset]], [[Victor Hugo]], [[Théophile Gautier]] e [[George Sand]].
Volveu a [[Madrid]] en [[1846]] ao morrer a súa nai. Vendeu as súas obras á casa Baudry de París, que as publicou en tres tomos en [[1847]]. En [[1849]] recibiu varias honras: foi nomeado membro da xunta do recén fundado [[Teatro Español]]; o Liceo organizou unha sesión para exaltalo publicamente e foi admitido na [[Real Academia Española]] (se ben non tomou posesión até [[1885]]). Pero o seu pai morreu ese mesmo ano e iso supúxolle un duro golpe, pois o feito de que se negara a perdoalo e as considerables débedas que lle deixou, supuxeron un gran peso na súa conciencia e no seu peto, o que afectou á súa obra.
 
Fuxindo de novo da súa muller, volveu a [[París]] en [[1851]], onde estivo coa súa amante Leila, e viaxou a [[Londres]] en [[1853]], onde o famoso reloxeiro Losada axudoulle a liberalo dos seus inseparables apuros económicos. Despois pasou once anos en [[México]], primeiro baixo o goberno liberal e despois baixo a protección e mecenazgo de [[Maximiliano I de México|Maximiliano I]], pasando [[1858]] en [[Cuba]].
 
Nese país tivo unha vida de illamento e pobreza, sen mezclarsemesturarse na guerra civil entre federalistas e unitarios. Porén, trala chegada ao poder de Maximiliano I en [[1864]], Zorrilla convertirse en poeta académico e foi nomeado director do [[Teatro Nacional de México|Teatro Nacional]].
 
Trala morte da súa esposa, regresou a [[España]] en [[1866]]. Tras saber do fusilamento de Maximiliano, verqueu no poema "[[El drama de un alma|''El drama de un alma'']]" todo o seu odio contra os liberais mexicanos, así como contra os que abandonaran ao seu amigo, [[Napoleón III]], e o [[Papa]]. Desde entón a súa [[Fe (relixión)|fe]] relixiosa sufriu un duro golpe. Recuperouse casando con [[Juana Pacheco]] en [[1869]], pero regresaron os seus apuros económicos, que non puideron evitar nin os recitais públicos da súa obra, nin unha comisión gubernamentalgobernamental en [[Roma]] ([[1873]]), nin unha pensión outorgada demasiado tarde, aínda que recibía a protección dalgúns personaxes da alta sociedade española coma os [[José Manuel de Goyeneche y Gamio|condes de Guaqui]]. Porén, as honras seguían a caer sobre el: cronista de [[Valladolid]] ([[1884]]), coroación coma poeta nacional laureado en [[Granada, España|Granada]] en [[1889]], etc.
 
Morreu coma consecuencia dunha operación efectuada para extraerlle un tumor cerebral. Foi enterrado no [[Camposanto de San Xusto de Madrid|camposanto de San Xusto]] de [[Madrid]], pero en [[1896]], cumprindo a súa vontade, os seus restos foron levados a [[Valladolid]]. Na actualidade atópanse no Panteón de Vallisoletanos Ilustres do camposanto do Carme.
As relacións co seu pai, home despótico e severo, que rexeitaba por sistema o agarimo do seu fillo, negándose a perdonarlle os seus erros de mocidade. O escritor cargaba consigo unha especie de complexo de culpa, e para superala decidiu defender na súa creación un ideal tradicionalista moi de acordo co sentir paterno, pero en contradición coas súas íntimas ideas progresistas. En ''Recuerdos del tiempo viejo'' escribiu: «''Mi padre no había estimado en nada mis versos: ni mi conducta, cuya clave él sólo tenía''».
 
O seu temperamento amoroso arrastrabaoarrastrábao cara ás mulleres: dúas esposas, un amor xuvenil cunha curmá, amores en [[París]] e [[México]]... O amor constitúe un dos eixos fundamentais da súa produción.
 
A súa saúde é o terceiro factor determinante. Na súa autobiografía, ''[[Recuerdos del tiempo viejo]]'', fala das súas alucinacións e [[sonambulismo]]. A certa altura da súa vida, inventouse un dobre loco (''[[Cuentos de un loco]]'', [[1853]]), que aparece case obsesivamente despois. O papel predominante da [[fantasía]] no escritor podería deberse en certo modo á aparición do [[tumor]] cerebral, así como no modo en que afectou aoo seu comportamento.
 
Segundo o seu biógrafo, [[Narciso Alonso Cortés]], era inxenuo coma un neno, bondadoso e amigo de todos, ignorante do valor dos cartos e alleo á política. Era moi independente, do que se sentía moi orgulloso. Di que debía todo ao seu traballo, e que rexeitou lucrativos postos públicos por non sentirse preparado: «''Yo temo que nuestra revolución va a ser infructífera para España por creernos todos los españoles buenos y aptos para todo y meternos todos a lo que no sabemos''». Na súa obra asoman preocupacións [[Rexeneracionismo|prerrexeneracionistas]] a pesar do tradicionalismo autoimposto para non desairar ao seu pai.
54.976

edicións