Óso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 70:
* Protexen os órganos: os ósos forman diversas cavidades que protexen os órganos vitais de posibles traumatismos. Por exemplo, o cranio protexe o cerebro de posibles golpes que poida sufrir, e a caixa torácica (ou sexa, as costelas e o esterno), protexen os pulmóns e o corazón.
* Homeostase Mineral: o tecido óseo encárgase do abastecemento de diversos minerais, principalmente o fósforo e o calcio, que son moi importantes en funcións que realiza o organismo, como a contracción muscular no caso do calcio. Cando un destes minerais é necesario, os ósos libérano no [[Sangue|torrente sanguíneo]], e este distribúeo polo organismo.
* Contribúen á formación de [[célula]]s sanguíneas: a medula ósea ou vermella, que se atopa no tecido esponxoso dos ósos longos (como por exemplo as costelas, a pelve, as vértebras, etc) encárgase da formación de glóbulos vermellos ou eritrocitos. Este proceso denomínase [[hematopoese]].
* Serven como reserva enerxética: a medula ósea amarela, que é o tecido adiposo que se atopa nos canais medulares dos ósos longos, é unha gran reserva de enerxía.