Parede celular: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
lingua
Liña 1:
A '''parede celular''' é unha capa ríxida situada por fóra da [[membrana plasmática]] nas [[célula]]s de [[planta]]s, [[alga]]s, [[Fungo (bioloxía)|fungo]]s, [[bacteria]]s e [[arquea]]s. Protexe o contido da célula, dá rixidez á estrutura celular, funciona como mediadora en todas as relacións da célula co seu contorno e actúa como compartimento celular. Ademais, no caso de fungos e plantas, define a estrutura e outorga soporte aos tecidos.
 
A parede celular constrúese de diversos materiais dependendo da clase de organismo. Nas [[plantae|plantas]], a parede celular componse sobre todo dun [[polímero]] de [[carbohidrato]] denominado [[celulosa]], un [[polisacárido]], e pode actuar tamén como almacén de carbohidratos para a [[célula]]. Os fungos presentan paredes celulares de [[quitina]], outro polisacárido, e as algas teñen tipicamente paredes construidasconstruídas con polisacáridos e [[glicoproteína]]s. Non obstante, algunhas especies de algas poden presentar unha parede celular de composición inorgánica [[silicio|silícica]] ([[diatomeas]]) ou carbonatada (Dasycladales). A miúdo aparecen outras moléculas accesorias integradas na parede celular.
Nas [[bacteria]]s, a parede celular componse de [[peptidoglicano]]. Entre as [[archaea|arquea]]s atopamos paredes celulares con distintas composicións químicas, incluíndo [[capa S|capas S]] de [[glicoproteína]]s, [[pseudopeptidoglicano]] ou [[polisacárido]]s.