Diferenzas entre revisións de «Taxonomía»

(*convinte>conveniente)
As normas que regulan a creación dos sistemas de clasificación son un pouco arbitrarias. Para comprender esas arbitrariedades (por exemplo, a nomenclatura binomial das especies e a uninomial das categorías superiores a especies, ou a cantidade de categorías superiores á especie, ou a cantidade de categorías taxonómicas e os nomes das mesmas) é necesario estudar a Historia da Taxonomía, que nos deixaron como herdanza os [[Códigos Internacionais de Nomenclatura]] aos que deben aterse os sistemas de clasificación. Hoxe estase a debater se cómpre facer reformas substanciais nos Códigos, habendo propostas como son a “[[taxonomía libre de rangos]]”, as “marcas de ADN”, etc.
 
Unha escola taxonómica minoritaria é a que considera que os grupos [[parafilético]]s tamén deberían ter a posibilidade de ser convertidos en taxóns, se os grupos que os conforman son o suficientemente semellantes entre si e o suficientemente diferentes do clado que queda fóra (escola evolucionista). Un exemplo clásico dun grupo parafilético que algúns taxónomos consideran un taxón, é o das [[algas verdes]], parafiléticas respecto ás plantas terrestres (todas xuntas formarían o clado das plantas verdes). Un dos expoñentes actuais desta escola é o investigador [[Cavalier-Smith]].
 
Outra escola minoritaria, chamada [[fenética]], está encabezada por investigadores como [[Sokal]], que pregoaba que era imposible coñecer a filoxenia dos organismos coa información que se recollía, debido a que os razonamentos facíanse circulares (a morfoloxía determinaba as relacións de parentesco, e coas relacións de parentesco interprétase a morfoloxía)e a información incompleta. Estes investigadores escollían facer clasificacións baseadas exclusivamente na cantidade de caracteres semellantes entre os organismos, sen inferir ningunha historia evolutiva detrás deles (tal e como fora plantexada orixinalmente a taxonomía, antes da teoria da evolución de [[Darwin]]). Esta escola perdeu recentemente forza coa chegada das análises de ADN e coa mellor interpretación do rexistro fósil que temos hoxe en día.
190.249

edicións