Pigmento biolóxico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 29:
 
Os principais pigmentos responsables son:
*'''[[Clorofila]]'''. É o pigmento principal en plantas; é unha [[clorina]] que absorbe lonxitudes de onda amarelas e azuis de luz mentres que reflicten o [[verde]]. A presenza e relativa abundancia da clorofila nas plantas é o que lles dá cor verde. Todas as plantas terrestres e as [[algas verdes]] posúen dúas formas deste pigmento: clorofila ''a'' e ''b''. As algas pardas [[quelpo]]s (''kelp''), [[diatomea]]s, e outras [[heterokonta]] fotosintéticas conteñen clorofila ''c'' en vez de ''b'', mentres que as algas vermellas posúen só clorofila ''a''.
 
*'''[[Carotenoide]]s'''. Son [[tetraterpenoide]]s vermellos, laranxas ou amarelos. Funcionan como [[pigmento accesorio|pigmentos accesorios]] na fotosíntese das plantas, axudando a absorber cantidades adicionais de enerxía lumínica non absorbida polas clorofilas. Nos [[fotosistema]]s ceden a excitación producida pola luz a outros pigmentos accesorios e finalmente ás clorofilas. Os carotenoides máis común son o [[caroteno]] (un pigmento laranxa abondoso en [[cenoria]]s), [[luteína]] (pigmento amarelo de moitas froitas e verduras), e o [[licopeno]] (pigmento vermello responsable da cor dos [[tomate]]s). Os carotenoides actúan tamén como antioxidantes e favorecen a saúde visual humana.