Eucalipto azul: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Elisardojm (conversa | contribucións)
*Junta>Xunta
Liña 70:
O eucalipto pode ser considerado como a especie arbórea máis controvertida en Galicia <ref>Como se reflicte nas denominacións ideolóxicas que por veces recibe: ''vampiro vexetal'' para uns, ''ouro verde'' para outros (''El Independiente'' (Madrid), 8.06.1990).</ref>, con defensores e detractores que non sempre tiveron en conta os datos científicos (Silva Pando). Xa se dixo que os efectos negativos foron máis unha consecuencia das plantacións masivas que se realizaron a partir do último terzo do século pasado, como acontece con calquera monocultivo pero agravados, neste caso, polas características peculiares desta especie.
 
{{cita|''A introdución masiva desta especie (e hoxe existe unha práctica unanimidade ao respecto) foi unha das máis desafortunadas iniciativas forestais da nosa historia'' (JuntaXunta de Andalucía)}}
 
Entre as críticas que se lle fan destaca, en primeiro lugar, o feito de presentar unha extrema avidez pola auga, que pode chegar a causar a desecación de pozos e cauces próximos. Nestas elevadas necesidades de auga inflúe a densa rede de raíces, capaz de aproveitar a mínima greta do subsolo.