Eduardo Vincenti: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
*Junta>Xunta
Liña 12:
Como deputado por Pontevedra ocupouse a miúdo, tanto de asuntos relacionados co ensino público e co profesorado, como do desenvolvemento da agricultura e das cuestións sociais, chamando a atención sobre a necesidade de transformar a propiedade da terra rexida polo sistema foral en propiedade libre. Presentou e defendeu en [[1907]] unha proposición de lei sobre [[Foro (contrato)|foros e subforos]].
 
Tamén tivo unha grande preocupación polo desenvolvemento da educación, como puxo de manifesto nas súas intervencións parlamentarias que reuniu nun texto editado en [[1916]], nas intervencións realizadas desde a presidencia de diversas Asembleas nacionais e rexionais e congresos de interese pedagóxico. Foi Presidente da Liga de los Amigos de la Enseñanza e dirixiu o ''Boletín de la Liga Protectora de la Educación Nacional'' a comezos do século XX, con marcados acenos rexeneracionistas; era un dos vocais da [[JuntaXunta de AmpliaciaciónAmpliación de EstudiosEstudos]].
 
A súa defensa constante da necesidade de melloras corporativas e profesionais para o Maxisterio deulle credibilidade entre este sector profesional, que o honrou dedicándolle un busto e un singular pedestal nos xardíns da Alameda de Pontevedra.