Ría de Ferrol: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
*Junta>Xunta
Liña 62:
O porto da ría de Ferrol ata ben entrado o [[século XIX]] tivo un carácter totalmente castrense, con escasas referencias ó pequeno peirao situado no barrio de Ferrol Vello. Un novo porto, desvencellado da actividade militar, estaba condicionado pola situación do ''Arsenal'' e o recinto amurallado defensivo da praza. Elixiuse o emprazamento anexo ó ''Arsenal'' cara ó oeste, sendo os primeiros estudos de [[1856]], a partir dos cales se realizou un pequeno dique, do que arrancaba un espigón de 200 metros, construíndose o Peirao Sur e unha pequena dársena.
 
O [[24 de agosto]] de [[1910]] créase, por ''Real Decreto'', a ''JuntaXunta de Obras deldo PuertoPorto de Ferrol'' e a partir do ano seguinte procedeuse a ampliar a infraestrutura existente realizándose as obras de dragado e ampliación da dársena co Peirao de Curuxeiras e o adiantamento dos Cantís. No ano [[1918]] redactouse un anteproxecto que fixaba as liñas a seguir en futuras ampliacións, actuacións que se desenvolveron en [[1944]], cun importante salto cuantitativo, creando o Peirao de Ribeira (hoxe, Fenández Ladreda), que non se rematou ata [[1960]], apoiándose no Peirao Sur anterior e establecendo os accesos ferroviarios o Porto e o ''Arsenal''.
 
Entre [[1949]] e [[1959]] construíronse os peiraos que conforman a Dársena de Curuxeiras (Espigón e Pasaxeiros da Ria). En [[1968]], no contexto da especialización de Astano na construción de ''súper-petroleiros'', tivo lugar a inauguración da [[Ponte das Pías]], tamén denominada como ''A Ponte do Caudillo'', título honorífico do Ditador. A ponte recortaba en 8 quilómetros o acceso á cidade desde o sur, e aseguraba a súa conexión directa co estaleiro [[Astano]].